Psdeg-Psoe
Contactar

 
O PSdeG esixe ao PP que deixe de "xogar ao escondite cos ourensáns" respecto á ubicación da planta de residuos"
Rivera afirma que esta Planta esta concedida a empresa “Estela Eólica” vencellada a familiares do PP, esta beneficiada no concurso eólico, e a través dun Plan Industrial contempla a creación desta Planta
13/04/11
 
 

Santiago de Compostela, 13 de abril de 2011. O deputado do Grupo Parlamentario Socialista, Juan Carlos Francisco Rivera interveu hoxe no Pleno da Cámara para interpelar á Xunta sobre a intención da Administración Autonómica de implantar unha planta de tratamento de residuos na provincia de Ourense que complemente ou desconxestione á actual planta existente en Cerdeda?. Alí esixiulle ao PP que se deixe de milongas, e reclamoulle que deixen de xogar ao escóndote cos ourensáns.


Rivera lembra que en datas recentes, distintos medios de comunicación de Galicia, recollían a intención da Xunta de Galicia de instalar na comarca da Limia en Ourense unha macro - incineradora de residuos, incineradora que viría a complementar e desconxestionar a sobrecarga que nestes intres sofre a planta de SOGAMA en Cerceda.


Rivera advirte que esta política de “globos sonda” por parte do Goberno autonómico está a causar unha alarma no conxunto da provincia de Ourense e nas comarcas referidas, en particular. E máis evidente aínda, é o feito de que o goberno tenta a través desta indefinición “medir” o grao de indignación e reacción cidadá para actuar nun momento posterior en base a maior ou menor contestacións social dunha ou doutra comarca.


O Partido Socialista, xa se ten posicionado claramente a súa defensa das políticas de reciclaxe, reutilización e compostaxe, fronte o tratamento de residuos mediante o sistema de incineración, sistema inviable dende o punto de vista medioambiental e económico.


Juan Carlos Francisco afirma que esta Planta xa foi concedida a empresa “Estela Eólica” vencellada a familiares do PP, e que esta beneficiada no concurso eólico, e que a través dun Plan Industrial contempla a creación desta Planta, pero advirte “que ten que ser adxudicada mediante un concurso publico”. Dixo que Feijoo vai a montar unha Sogama 2 en Ourense. E replica que segundo se desprende das declaracións do Conselleiro realizadas hoxe “negou que a planta se instale no Ribeiro, pero non desmentiu a ubicación da Limia”.

 

 

 

PSdeG-PSOE
E-mail: ceng@psdeg-psoe.org