Esta páxina necesita JavaScript para o seu correcto funcionamento
logo psdeg-psoe psdeg-psoe.com

Xoves, 20 xuño 2013

Versión para PDA RSS Inicio Engadir a favoritos Acceso Restrinxido Mail
Novas - Parlamento
O PSdeG esixen ao xerente do Consorcio que deixe a súa obxección de conciencia informativa e respecte ó Parlamento
O PSdeG esixen ao xerente do Consorcio que deixe a súa obxección de conciencia informativa e respecte ó Parlamento
Sestayo asegura que na pasada lexislatura quedaron “20 Centros de Día feitos, pero a día de hoxe seguen pendentes de abrise”

Santiago de Compostela, 15 de abril do 2011. A portavoz de Políticas Sociais do Grupo Parlamentario do PSdeG-PSOE Beatriz Sestayo interveu hoxe na Comisión 5ª do Parlamento para reclamar os datos dos centros de día proxectados ou licitados polo Goberno de Feijoo nos núcleos de poboación superior a 1.500 habitantes. Alí esixiulle ao Xerente do Consorcio que deixe a súa obxección de conciencia informativa e que respecte o Parlamento.


Sestayo lembrou que Feijoo prometeu durante a campaña electoral así como no contrato asinado con Galicia e que fixo publico nos medios de comunicación que “ía construír un centro de día en cada núcleo superior a 1.500 habitantes”, pero advirte “a día de hoxe esta promesa quedou incumprida”.


A deputada socialista asegura que na pasada lexislatura quedaron “20 centros de día feitos, pero a día de hoxe seguen pendentes de abrise”, replicou.


Tralo turno de replica Beatriz Sestayo reclamou ao Xerente do Consorcio que “deixe a súa obxección de conciencia informativa e que conteste as preguntas que se formulan dende a oposición, xa que por Lei teñen a obriga de responder”. Nese senso reclamou o amparo da Presidencia da Mesa da Comisión 5ª, co fin de que os representantes da Xunta contesten as preguntas que se plantexan en sede parlamentaria.


Neste punto envíolle unha mensaxe ao Xerente do Consorcio “deixe de emitir mitins políticos, senón quere vir ao Parlamento a comparecer faga o favor de irse ou dimitir”, sentenciou.

 

 

 

Enviar: del.ico.us Technorati yahoo digg menéame chuza
Debes estar rexistrado nestes servizos para enviar esta nova

Comentarios
 
 
Engadir novo Comentario
 
En portada
Vázquez alenta aos 315 candidatos e candidatas a construír unha Galicia socialista, municipalista e galeguista
Vázquez alenta aos 315 candidatos e candidatas a construír unha Galicia socialista, municipalista...
Losada esixe a Feijóo “que se molle coa rexeneración democrática” condenando o abuso de poder da Xunta contra UU.AA.
Losada esixe a Feijóo “que se molle coa rexeneración democrática” condenando o abuso de poder da Xunta contra UU.AA.
imagen
Vázquez resposta ás preguntas dos internautas nunha entrevista que servirá para poñer en funcionamento o novo deseño da web do PSdeG
Vázquez resposta ás preguntas dos internautas nunha entrevista que servirá para poñer en funcionamento o novo deseño...
alt=
Lage Tuñas propuxo hoxe que o Consello de Contas fiscalice os procedementos negociados sen...

banner

PSdeG-PSOE, Rúa do Pino, 1-9 Baixo - 15704 Santiago de Compostela (A Coruña) - Tfno: 981 55 20 30 - Fax: 981 58 87 08 / E-mail: ceng@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IExplorer 7, FireFox, Mozilla