Esta páxina necesita JavaScript para o seu correcto funcionamento
logo psdeg-psoe psdeg-psoe.com

Martes, 21 maio 2013

Versión para PDA RSS Inicio Engadir a favoritos Acceso Restrinxido Mail
Novas - Parlamento
Lage Tuñas propuxo hoxe que o Consello de Contas fiscalice os procedementos negociados sen publicidade da Xunta
Lage Tuñas propuxo hoxe que o Consello de Contas fiscalice os procedementos negociados sen publicidade da Xunta
Valora positivamente o voto favorable do BNG á proposta socialista e entende que “o PP amosa nulo interese no control das contratacións públicas da Xunta de Galicia”

Santiago de Compostela, 15 de abril de 2011. O portavoz da Área Institucional do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, José Manuel Lage, defendeu hoxe na Comisión de Relacións co Consello de Contas catro propostas para mellorar o funcionamento da administración pública galega. Lage Tuñas defendeu a fiscalización dos procedementos negociados sen publicidade na Xunta de Galicia e atopouse coa negativa do PP a que o Consello de Contas fiscalice este tipo de contratos.


As propostas de recomendacións dos grupos parlamentarios foron debatidas hoxe nunha reunión da Comisión de Relacións co Consello de Contas, e foron aprobadas todas por unanimidade agás unha proposta socialista que defendía a fiscalización por parte do Consello de Contas dos procedementos negociados sen publicidade que celebra a administración autonómica.


Lage Tuñas defendeu que “os procedementos sen publicidade da Xunta de Galicia deben ser fiscalizados de xeito especial pola súa especial incidencia en aspectos relevantes como a transparencia e a igualdade de oportunidades para proveedores e pequenas e medianas empresas” e engadiu que “o Consello de Contas pode facer aí un bó traballo que mellore tamén os resultados da administración autonómica, incorporando maior transparencia e tamén fomentando a competencia entre empresas e proveedores, o que á larga redundará positivamente na facenda pública”.


“O PP opúxose á fiscalización dos procedementos negociados sen publicidade co obxecto de impedir o control das contratacións públicas do goberno galego. Non sabemos que teñen que esconder pero é sorprendente a súa postura xa que nós só demandamos un maior control na fiscalización deste tipo de contratacións” asegurou José Manuel Lage, portavoz socialista na Comisión de Relacións co Consello de Contas.


Os socialistas valoraron positivamente o voto favorable do BNG á proposta do PSdeG. Lage Tuñas entende que “o PP amosa nulo interese no control das contratacións públicas da Xunta de Galicia cando se opón á súa fiscalización”.


Fiscalizar os prazos de pago a proveedores por parte da Xunta


O Portavoz da Área Institucional do Grupo Socialista tamén propuxo na Comisión de Relacións co Consello de Contas a “fiscalización dos prazos medios nos pagos a proveedores por parte da Xunta de Galicia”.


Lage Tuñas entende que “hai moitas queixas por parte de proveedores da administracción, pequenas e medianas empresas que tardan moito tempo en cobrar e iso aféctalle cada vez máis ao funcionamento da súa empresa. Por iso consideramos interesante defender unha actuación do Consello de Contas nesa dirección, para ver si se cumpren os compromisos establecidos de prazos nos pagos a proveedores por parte da Xunta de Galicia”.


“En servizos ao cidadán como a Xustiza ou os servizos sociais existen demoras grandes no pago a proveedores de servizos e suministros, no ámbeto da sanidade tampouco se cumpren os prazos publicitados propagandísticamente por Nüñez Feijóo e as pequenas e medianas empresas resístense de maneira considerable, porque teñen que facer un esforzo moi grande para manter a súa actividade habitual” explica o deputado socialista.


“Creo que o Consello de Contas fará un bo traballo na fiscalización do sector público autonómico pero o noso deber no parlamento e facer recomendacións que respondan tamén á realidade do momento e ás dificultades que teñen agora mesmo as pequenas e medianas empresas nas súas relacións coa administración” engadiu Lage Tuñas.
 

Enviar: del.ico.us Technorati yahoo digg menéame chuza
Debes estar rexistrado nestes servizos para enviar esta nova

Comentarios
 
 
Engadir novo Comentario
 
En portada
Vázquez alenta aos 315 candidatos e candidatas a construír unha Galicia socialista, municipalista e galeguista
Vázquez alenta aos 315 candidatos e candidatas a construír unha Galicia socialista, municipalista...
Losada esixe a Feijóo “que se molle coa rexeneración democrática” condenando o abuso de poder da Xunta contra UU.AA.
Losada esixe a Feijóo “que se molle coa rexeneración democrática” condenando o abuso de poder da Xunta contra UU.AA.
alt=
O PSdeG esixen ao xerente do Consorcio que deixe a súa obxección de conciencia informativa...
Vázquez resposta ás preguntas dos internautas nunha entrevista que servirá para poñer en funcionamento o novo deseño da web do PSdeG
Vázquez resposta ás preguntas dos internautas nunha entrevista que servirá para poñer en funcionamento o novo deseño...
imagen

banner

PSdeG-PSOE, Rúa do Pino, 1-9 Baixo - 15704 Santiago de Compostela (A Coruña) - Tfno: 981 55 20 30 - Fax: 981 58 87 08 / E-mail: ceng@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IExplorer 7, FireFox, Mozilla