Esta páxina necesita JavaScript para o seu correcto funcionamento
logo psdeg-psoe psdeg-psoe.com

Mércores, 19 xuño 2013

Versión para PDA RSS Inicio Engadir a favoritos Acceso Restrinxido Mail
Novas - Parlamento
Gallego denuncia que a Xunta
Gallego denuncia que a Xunta "só se adicou a paralizar actuacións do anterior goberno, en lugar de avanzar para evitar a sanción da UE pola falla de depuración"
Afirma que o Goberno central “ten os deberes feitos e o traballo encamiñado” para mellorar a depuración en cidades como A Coruña, Vigo, Ourense e Santiago

Santiago de  Compostela, 14 de abril de 2011.- A secretaria de Medio Ambiente do PSdeG, Carmen Gallego, denunciou hoxe que a Xunta “só se adicou a paralizar actuacións previstas polo anterior Goberno socialista” en lugar de traballar e avanzar para evitar a sanción da UE pola falla de depuración en concellos galegos.


Gallego lembrou que o PSdeG xa adveriu en diversas ocasións ao conselleiro de Medio Ambiente da posibilidade de sanción da UE pola contaminación na ría de Vigo e sinalou que “mentres o Goberno central tiña os deberes feitos, tras aprobar un investimento de 112 millóns para a EDAR de Vigo, o Goberno galego dedicouse a poñer atrancos, a dicir que non quería aportar a cantidade que lle correspondía, e a tentar impedir que Vigo contase coa nova depuradora”.


“A actitude do conselleiro de Medio Ambiente foi a que provocou continuos retrasos que levaron ao incumprimento dos prazos marcados pola UE para cumprir a directiva que obriga a implantar sistemas axeitados de recollida e depuración de augas residuais en núcleos de máis de 15.000 habitantes”.


A responsable de Medio Ambiente do PSdeG subliñou que no caso de A Coruña a Edar xa está inaugurada, mentres que as de Ourense e Santiago “están encamiñadas no que compete ao Goberno central, e só resta definir a colaboración da Xunta”.


A este respecto, criticou que o Goberno galego paralizase o Plan de Saneamento aprobado polo anterior Executivo socialista, “que de levarse a cabo tería solucionado os problemas de depuración de augas en moitos dos concellos galegos”.


Así, lembrou que hai casos como os de Ribeira e Sanxenxo “nos que as obras para a construcción das depuradoras que estaban previstas no Plan de Saneamento do Goberno socialista, seguen paralizadas polo Goberno do PP”.


Gallego lamentou o “nulo interese por estas e outras cuestións medioambientais” por parte do Goberno galego, como evidencia “a reducción orzamentaria que sufriron as políticas medioambientais dende a chegada de Feijóo á Xunta”.

 

A socialista lembrou así que en 2010 o Goberno galego reduciu os investimentos destinados a infraestruturas hidráulicas en máis de 17 millóns de euros con respecto ao 2009, mentres que nos orzamentos de 2011 o investimento orzamentado para Aguas de Galicia e a EPOSH sufriu un recorte de 130 millóns de euros.


“O Goberno de Feijóo non só recortou drasticamente os investimentos para mellorar o saneamento e abastecemento en Galicia nestes dous anos, senón que ademais deixou sen executar importantes partidas orzamentarias destinadas a este tipo de infraestruturas”, reprochou.


 

Enviar: del.ico.us Technorati yahoo digg menéame chuza
Debes estar rexistrado nestes servizos para enviar esta nova

Comentarios
 
 
Engadir novo Comentario
 
En portada
Vázquez alenta aos 315 candidatos e candidatas a construír unha Galicia socialista, municipalista e galeguista
Vázquez alenta aos 315 candidatos e candidatas a construír unha Galicia socialista, municipalista...
Losada esixe a Feijóo “que se molle coa rexeneración democrática” condenando o abuso de poder da Xunta contra UU.AA.
Losada esixe a Feijóo “que se molle coa rexeneración democrática” condenando o abuso de poder da Xunta contra UU.AA.
alt=
O PSdeG esixen ao xerente do Consorcio que deixe a súa obxección de conciencia informativa...
Vázquez resposta ás preguntas dos internautas nunha entrevista que servirá para poñer en funcionamento o novo deseño da web do PSdeG
Vázquez resposta ás preguntas dos internautas nunha entrevista que servirá para poñer en funcionamento o novo deseño...
alt=
Lage Tuñas propuxo hoxe que o Consello de Contas fiscalice os procedementos negociados sen...

banner

PSdeG-PSOE, Rúa do Pino, 1-9 Baixo - 15704 Santiago de Compostela (A Coruña) - Tfno: 981 55 20 30 - Fax: 981 58 87 08 / E-mail: ceng@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IExplorer 7, FireFox, Mozilla