Esta páxina necesita JavaScript para o seu correcto funcionamento
logo psdeg-psoe psdeg-psoe.com

Venres, 24 maio 2013

Versión para PDA RSS Inicio Engadir a favoritos Acceso Restrinxido Mail
Novas - CENG
O PSdeG presentará candidaturas en todos os concellos centrándose no emprego, as políticas sociais e a transparencia
O PSdeG presentará candidaturas en todos os concellos centrándose no emprego, as políticas sociais e a transparencia
Pachi Vázquez afirma percibir unha sensación de “moito ánimo e ilusión” tras os 150 actos de precampaña realizados e que “a confianza da cidadanía no partido socialista se reafirma”

Santiago de Compostela, 11 de abril de 2011.- O secretario Xeral do PSdeG, Pachi Vázquez, anunciou hoxe que os socialistas galegos presentarán candidaturas nos 315 concellos de Galicia nas vindeiras eleccións municipais, cun programa electoral que estará centrado na creación de emprego nos concellos, a defensa das políticas sociais, a transparencia e a participación cidadá.


Así o afirmou tras a xuntanza da Executiva do PSdeG, na que os socialistas galegos expresaron o seu “agradecemento unánime” a Zapatero por toda a súa xestión, así como o apoio á súa decisión de non presentarse como candidato ás vindeiras eleccións xerais.


Vázquez tamén expresou o agradecemento dos socialistas galegos ao Goberno socialista e ao ministro de Fomento, José Blanco, “por unha das decisións históricas para Galicia, que é a licitación do AVE, que permitirá romper o tradicional aillamento da nosa comunidade”. “Queda demostrado que o Goberno central  e o ministro cumpriron con Galicia”, sinalou.


Neste punto, Vázquez lembroulle a Feijóo que “segue existindo unha eiva, que é o cumprimento dos seus compromisos de infraestruturas para Galicia”. Apuntou que “sigue sen haber un compromiso por escrito de Feijóo e non hai datas nin investimentos”, e lembroulle ao presidente da Xunta que “non vale poñerlle deberes aos demais e non facer os propios”.


“Feijóo segue a facer xiras por toda España para dicir como se arranxan os problemas de España, pero cada dia e mais grande a fenda entre a sociedade galega e o goberno da Xunta”, apuntou Vázquez, á vez que afirmou que Galicia “ten un goberno descoñecido e un presidente que non está cumprindo con ningún dos seus compromisos”.


Por elo, pediu a Feijóo que explique “onde quedaron as grandes infraestruturas viarias, o  plan acuícola e o plan eólico”, e reclamoulle “que lle poña cabeza a este pais e se dedique a gobernar para sacalo adiante”.

 

De cara ás eleccións municipais, Vázquez anunciou que o PSdeG presentará candidaturas no cen por cen dos concellos galegos, cunha renovación do 38 por cento das listas, o que unido ao 30 por cento das anteriores eleccións municipais “supón que en catro anos a renovación das candidaturas dos socialistas galegos supera o 65 por cento”.


Avanzou que nesta campaña “na que os socialistas galegos nos imos a volcar” estarán en Galicia importantes figuras do PSOE, entre as que destacou a de Zapatero, Rubalcaba ou Felipe González, ademais de cargos destacados do partido como Marcelino Iglesias, Guerra, Cháves ou Jáuregui, e os ministros galegos Francisco Caamaño e José Blanco, xunto a outros ministros.


Tras os 150 actos realizados polo PSdeG na precampaña, Vázquez dixo percibir “unha sensación de moito ánimo e ilusión” e que “a confianza dos cidadáns nos socialistas se está a incrementar”.


Subliñou que o PSdeG centrará a súa campaña nun programa que terá como puntos fundamentais a creación do emprego, a defensa dos servizos públicos, as políticas de transparencia e a participación cidadá, e avanzou que este programa se presentará nun gran acto que terá lugar en Santiago o vindeiro sábado 16 de abril, cos 315 candidatos e candidatas ás alcaldías.

 

Enviar: del.ico.us Technorati yahoo digg menéame chuza
Debes estar rexistrado nestes servizos para enviar esta nova

Comentarios
 
 
Engadir novo Comentario
 
En portada
Vázquez alenta aos 315 candidatos e candidatas a construír unha Galicia socialista, municipalista e galeguista
Vázquez alenta aos 315 candidatos e candidatas a construír unha Galicia socialista, municipalista...
Losada esixe a Feijóo “que se molle coa rexeneración democrática” condenando o abuso de poder da Xunta contra UU.AA.
Losada esixe a Feijóo “que se molle coa rexeneración democrática” condenando o abuso de poder da Xunta contra UU.AA.
alt=
O PSdeG esixen ao xerente do Consorcio que deixe a súa obxección de conciencia informativa...
Vázquez resposta ás preguntas dos internautas nunha entrevista que servirá para poñer en funcionamento o novo deseño da web do PSdeG
Vázquez resposta ás preguntas dos internautas nunha entrevista que servirá para poñer en funcionamento o novo deseño...
alt=
Lage Tuñas propuxo hoxe que o Consello de Contas fiscalice os procedementos negociados sen...

banner

PSdeG-PSOE, Rúa do Pino, 1-9 Baixo - 15704 Santiago de Compostela (A Coruña) - Tfno: 981 55 20 30 - Fax: 981 58 87 08 / E-mail: ceng@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IExplorer 7, FireFox, Mozilla