Esta páxina necesita JavaScript para o seu correcto funcionamento
logo psdeg-psoe psdeg-psoe.com

Xoves, 20 xuño 2013

Versión para PDA RSS Inicio Engadir a favoritos Acceso Restrinxido Mail
Novas - CENG
Pachi Vázquez esixe ao PP, a Rajoy e Feijóo que pidan disculpas e desautoricen as palabras de Aznar
Pachi Vázquez esixe ao PP, a Rajoy e Feijóo que pidan disculpas e desautoricen as palabras de Aznar
Afirma que "os socialistas coincidimos con Aznar na incompetencia e incapacidade de Rajoy, pero probablemente a súa única virtude sexa a de ser galego”

Santiago de Compostela, 31 de marzo de 2011.- O secretario Xeral do PSdeG, Pachi Vázquez, esixiu hoxe ao PP, e nomeadamente a Rajoy e a Feijóo, que pidan disculpas e desautoricen as palabras de Aznar nunha entrevista en Veo 7, nas que o ex presidente afirmou que Rajoy ”tiene capacidades, lo que pasa es que tiene su forma de ser, su origen gallego”.


Vázquez apuntou que os socialistas “coincidimos con Aznar na incompetencia e incapacidade de Rajoy, pero probablemente a súa maior virtude sexa a de ser galego”.


Sinalou que o feito de que “a dirección do PP e quen presidiu España  teñan ese concepto dos galegos é para botarse a temblar” e por elo considerou que Aznar “debe unha disculpa aos galegos e galegas”.


“Non queda espazo para medias frases e medias verdades”, salientou Vázquez, polo que reclamou a Rajoy e a Feijóo “que se teñen un mínimo de dignidade, non deben deixar pasar un minuto sen desautorizar a Aznar por estas palabras, e pedir escusas aos galegos e galegas”.


“O que máis me preocupa é que o ideólogo do PP, Aznar,  teña esa imaxe de Galicia, e que atribúa a incapacidade de Rajoy ao feito de ser galego”, explicou o líder socialista, para engadir que “nunca escoitei maior insulto, porque seguramente a única virtude que ten Rajoy é precisamente ser galego”, sentenciou.

 

Enviar: del.ico.us Technorati yahoo digg menéame chuza
Debes estar rexistrado nestes servizos para enviar esta nova

Comentarios
 
 
Engadir novo Comentario
 
En portada
Vázquez alenta aos 315 candidatos e candidatas a construír unha Galicia socialista, municipalista e galeguista
Vázquez alenta aos 315 candidatos e candidatas a construír unha Galicia socialista, municipalista...
Losada esixe a Feijóo “que se molle coa rexeneración democrática” condenando o abuso de poder da Xunta contra UU.AA.
Losada esixe a Feijóo “que se molle coa rexeneración democrática” condenando o abuso de poder da Xunta contra UU.AA.
alt=
O PSdeG esixen ao xerente do Consorcio que deixe a súa obxección de conciencia informativa...
Vázquez resposta ás preguntas dos internautas nunha entrevista que servirá para poñer en funcionamento o novo deseño da web do PSdeG
Vázquez resposta ás preguntas dos internautas nunha entrevista que servirá para poñer en funcionamento o novo deseño...
alt=
Lage Tuñas propuxo hoxe que o Consello de Contas fiscalice os procedementos negociados sen...

banner

PSdeG-PSOE, Rúa do Pino, 1-9 Baixo - 15704 Santiago de Compostela (A Coruña) - Tfno: 981 55 20 30 - Fax: 981 58 87 08 / E-mail: ceng@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IExplorer 7, FireFox, Mozilla