Esta páxina necesita JavaScript para o seu correcto funcionamento
logo psdeg-psoe psdeg-psoe.com

Sábado, 25 maio 2013

Versión para PDA RSS Inicio Engadir a favoritos Acceso Restrinxido Mail
Novas - Local
Quintas esixe a dimisión do conselleiro de Industria por mentir sobre o proxecto de Xero en Melón
Quintas esixe a dimisión do conselleiro de Industria por mentir sobre o proxecto de Xero en Melón
Afirma que o conselleiro faltou á verdade a sabiendas anunciando “axudas institucionais, a ubicación da empresa, a creación de 1.030 postos de traballo e un proxecto avanzado”

Ourense, 30 de marzo de 2011.- A secretaria de Organización provincial, María Quintas,  manifestou o apoio dos socialistas a calquera iniciativa empresarial para a provincia de Ourense, pero censurou “a comedia” dos últimos días con respecto á instalación dunha fábrica de vehículos no concello de Melón que amosa claramente que “Feijóo é rehén de Baltar”.


“O presidente da Xunta de Galicia, estivo recentemente avalando en Ourense, unha baltarada máis”, dixo, e acusou ao Conselleiro de Industria de faltar á verdade a sabiendas anunciando “axudas institucionais, a ubicación da empresa, a creación de 1.030 postos de traballo e un proxecto avanzado”.


Nunha rolda de prensa celebrada esta mañá, a secretaria de Organización indicou que os socialistas solicitarán información documentada no Parlamento, na Diputación e nos Concellos.


“O Sr. Guerra estase tomando a choteo aos cidadáns e o seu futuro, e o presidente da Xunta é cómplice desta mentira”, dixo, ao que engadiu que Feijóo “xa se declarou no Parlamento incompetente en materia de emprego, pero francamente non sabíamos ate onde podía chegar por un miserable puñado de votos”.


Quintas explicou que nos últimos días asistimos á falta de ética máis elemental, “Que a dous días da convocatoria de eleccións, tres representantes políticos, o conselleiro de Industria, o delegado da Xunta en Ourense e o presidente da Deputación, anuncien aos ourensáns actuacións falsas, a sabiendas de que eran falsas, roza a legalidade”, manifestou.


“En precampaña electoral anúnciase en Ourense unha baltarada máis, algo ao que estamos acostumados, como a fábrica de patatas fritas en Xinzo ou o circuito de velocidade”, lembrou.


Quintas pediu a dimisión do conselleiro de Industria, Javier Guerra, “que xa metera a pata no concurso eólico, e agora declara que lle veu a Ourense a botar un farol á empresa, eso sí, metíndolle á cidadanía e ríndose dos máis de 26.000 desempregados desta provincia”.


Ademais recordou que o anuncio faise cun PXOU con complicacións no concello de Melón e sen ser dono dos terreos o Concello.


Por último, insistiu en que o  PSdeG apoiará calquer iniciativa empresarial  que queira instalarse na provincia de Ourese e solicita a implicación de todas as institucións para que Ourense acabe co desequilibrio territorial.

  

 

Enviar: del.ico.us Technorati yahoo digg menéame chuza
Debes estar rexistrado nestes servizos para enviar esta nova

Comentarios
 
 
Engadir novo Comentario
 
En portada
Vázquez alenta aos 315 candidatos e candidatas a construír unha Galicia socialista, municipalista e galeguista
Vázquez alenta aos 315 candidatos e candidatas a construír unha Galicia socialista, municipalista...
Losada esixe a Feijóo “que se molle coa rexeneración democrática” condenando o abuso de poder da Xunta contra UU.AA.
Losada esixe a Feijóo “que se molle coa rexeneración democrática” condenando o abuso de poder da Xunta contra UU.AA.
alt=
O PSdeG esixen ao xerente do Consorcio que deixe a súa obxección de conciencia informativa...
Vázquez resposta ás preguntas dos internautas nunha entrevista que servirá para poñer en funcionamento o novo deseño da web do PSdeG
Vázquez resposta ás preguntas dos internautas nunha entrevista que servirá para poñer en funcionamento o novo deseño...
alt=
Lage Tuñas propuxo hoxe que o Consello de Contas fiscalice os procedementos negociados sen...

banner

PSdeG-PSOE, Rúa do Pino, 1-9 Baixo - 15704 Santiago de Compostela (A Coruña) - Tfno: 981 55 20 30 - Fax: 981 58 87 08 / E-mail: ceng@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IExplorer 7, FireFox, Mozilla