Esta páxina necesita JavaScript para o seu correcto funcionamento
logo psdeg-psoe psdeg-psoe.com

Venres, 24 maio 2013

Versión para PDA RSS Inicio Engadir a favoritos Acceso Restrinxido Mail
PSdeG - Executiva Nacional
Sestayo acusa á Xunta de derivar ao mercado privado as prestacións da Lei de Dependencia
Sestayo acusa á Xunta de derivar ao mercado privado as prestacións da Lei de Dependencia
Acusa á Xunta de “boicotear e estafar á cidadanía” obrigando a pagar o tripla polo servizo de axuda a domicilio

Santiago de Compostela, 22 de marzo de 11. A portavoz de Xustiza e Servizos Sociais do Grupo Socialista, Beatriz Sestayo, acusou hoxe á Consellería de Traballo e Benestar de ter remitido unha directriz para derivar ao mercado privado as prestacións da Lei de Dependencia. Así o dixo no debate dunha moción socialista para que a Xunta faga públicos os datos da Dependencia en  Galicia, que foi rexeitada polo PP.


Sestayo acusou á Xunta de “facer negocio coa necesidade allea”, para o que “boicotean os servizos públicos, estafan á cidadanía, machucan os dereitos dos usuarios da Lei da Dependencia, menten aos cidadáns e destrúen o servizo público”. A responsable socialista criticou que a Xunta obriga á prescrición de prestacións económicas para que os usuarios adquiran o servizo no mercado privado.


En concreto, explicou que a Xunta instou aos órganos de elaboración dos plans individualizados de atención –PIA- a que non prescriban en ningún caso o Servizo de Axuda a Domicilio como servizo do catálogo de prestacións da Lei. En cambio, o PIA debe “determinar” a prestación vinculada ao servizo, e polo tanto supón a súa adquisición no mercado privado.


Sestayo explicou que esta directriz obriga ao usuario a pagar o tripla que si accedera ao copago nun servizo público, seguindo o modelo implantado nas autonomías de Madrid, Valencia e Murcia. Dixo que isto condena a ter axuda a domicilio “quen poida pagala, e a quen non teñan recursos suficientes vostedes os deixan na cuneta” implantando unha “política de ricos e pobres: quen pode se salva e quen non se afunde”.


Acusou á Consellería de destinar as partidas que perciben do Estado para a Dependencia ás “libranzas vinculadas a empresas privadas que vostedes contratan e utilizar un servizo privado” en lugar de para servizos públicos e axuda a domicilio. Xriticou a “falla de vergoña” do PP que “axuda aos seus amigos mentres destrúen os dereitos dos cidadáns” nunha estratexia “de extrema dereita, que opta pola manipulación e a estafa”.


Información


A responsable socialista dixo que Galicia non cumpre cos indicadores da Lei da Dependencia, xunto coas autonomías de Madrid, Valencia e Murcia que “agochan os datos para beneficiar aos intereses privados”. Así o dixo logo de coñecer o rexeitamento do PP a unha moción para que a Xunta publique mensualmente os datos da evolución da dependencia en Galicia.


Os socialistas reclamaban que estes datos incluíran o número de solicitantes de dependencia, perfil e concello, os informes sociais dos concellos, as valoracións emitidas con grao e nivel, as resolucións de PIA cos dereitos e servizos recoñecidos, as prestacións concedidas e as prestacións efectivamente percibidas.


Tamén reclamou a posta en funcionamento das tecnoloxías necesarias para o acceso e intercambio de información entre os servizos técnicos implicados e o cumprimento das resolucións de PIA nos seus propios termos.


Sestayo criticou a “total e absoluta desinformación” por parte da Xunta na Atención á Dependencia para agochar que fronte ao compromiso electoral de Feijóo de pagar a 16.000 dependentes en espera, dous anos despois a realidade é que o número de dependentes desatendidos incrementouse en máis de 25.000 ata superar aos 41.150.

 

Enviar: del.ico.us Technorati yahoo digg menéame chuza
Debes estar rexistrado nestes servizos para enviar esta nova

Comentarios
 
 
Engadir novo Comentario
 
En portada
Vázquez alenta aos 315 candidatos e candidatas a construír unha Galicia socialista, municipalista e galeguista
Vázquez alenta aos 315 candidatos e candidatas a construír unha Galicia socialista, municipalista...
Losada esixe a Feijóo “que se molle coa rexeneración democrática” condenando o abuso de poder da Xunta contra UU.AA.
Losada esixe a Feijóo “que se molle coa rexeneración democrática” condenando o abuso de poder da Xunta contra UU.AA.
alt=
O PSdeG esixen ao xerente do Consorcio que deixe a súa obxección de conciencia informativa...
Vázquez resposta ás preguntas dos internautas nunha entrevista que servirá para poñer en funcionamento o novo deseño da web do PSdeG
Vázquez resposta ás preguntas dos internautas nunha entrevista que servirá para poñer en funcionamento o novo deseño...
alt=
Lage Tuñas propuxo hoxe que o Consello de Contas fiscalice os procedementos negociados sen...

banner

PSdeG-PSOE, Rúa do Pino, 1-9 Baixo - 15704 Santiago de Compostela (A Coruña) - Tfno: 981 55 20 30 - Fax: 981 58 87 08 / E-mail: ceng@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IExplorer 7, FireFox, Mozilla