Esta páxina necesita JavaScript para o seu correcto funcionamento
logo psdeg-psoe psdeg-psoe.com

Xoves, 23 maio 2013

Versión para PDA RSS Inicio Engadir a favoritos Acceso Restrinxido Mail
Novas - Parlamento
"O desleixo de Feijóo provocou que Galicia fora a comunidade con máis crecemento do desemprego no ano Xacobeo"
Tomé Roca di que Feijóo é “prescindible” si elude loitar contra o desemprego e leva a un incremento do paro máis do dobre que no Estado

Santiago de Compostela, 28 de xaneiro de 11. O portavoz de Emprego do Grupo Socialista, José Tomé Roca, dixo hoxe que o “desleixo” do presidente da Xunta provocou que Galicia fora a autonomía con máis crecemento do desemprego –un 20,9 por cento- do Estado en pleno ano Xacobeo. Así o dixo logo de coñecer os datos de desemprego do ano 2010, que elevan o número de parados en Galicia ata as 203.500 persoas, 40.800 máis que cando chegou á Xunta.


O responsable socialista sinalou que a xestión de Feijóo fixo que o paro en Galicia medrara en Galicia 2,5 veces máis que no Estado en pleno ano Xacobeo. Así, o incremento do paro en Galicia “representa un aumento do paro no último ano do 20,86 por cento, fronte ao aumento en España do 8,55 por cento”.


Tomé Roca considera que o presidente da Xunta resulta “absolutamente prescindible” si continúa sen tomar decisións para loitar contra o desemprego. Explicou que, cos datos de peche de 2010, a poboación ocupada descendeu en 75.400 persoas dende que Feijóo é presidente, cunha diminución que para o último ano foi do 4 por cento, o que triplica ese mesmo dato que para o conxunto de España.


Advertiu que o paro resulta hoxe en día o principal problema dos galegos e das galegas, que ven cómo o seu presidente elude tomar decisións a pesares de contar con tódalas competencias en políticas activas de emprego. Criticou que tanto Feijóo como Mato prefiran centrarse nunha “campaña de confrontación belicosa” contra o Goberno central en lugar de asumir as súas responsabilidades.


Tomé dixo que a Feijóo “xa non lle valen máis desculpas” porque ten a “obriga” de solucionar o problema como responsable das políticas activas de emprego, das que “só se lembra para facer recortes”. Dixo que “se a Xunta non ten ideas para frear o paro en Galicia, debe convocar de inmediato aos axentes sociais e aos grupos parlamentarios para acadar solucións a esta grave situación na que meteron á Comunidade Autónoma”.


Sinalou que mentres no primeiro trimestre de 2009 Galicia era a quinta autonomía na que menos medraba o paro, seis puntos menos que a media estatal, hoxe aumenta preto de doce puntos máis que a media e é na que máis crece o paro.
 

Enviar: del.ico.us Technorati yahoo digg menéame chuza
Debes estar rexistrado nestes servizos para enviar esta nova

Comentarios
 
 
Engadir novo Comentario
 
En portada
Vázquez alenta aos 315 candidatos e candidatas a construír unha Galicia socialista, municipalista e galeguista
Vázquez alenta aos 315 candidatos e candidatas a construír unha Galicia socialista, municipalista...
Losada esixe a Feijóo “que se molle coa rexeneración democrática” condenando o abuso de poder da Xunta contra UU.AA.
Losada esixe a Feijóo “que se molle coa rexeneración democrática” condenando o abuso de poder da Xunta contra UU.AA.
alt=
O PSdeG esixen ao xerente do Consorcio que deixe a súa obxección de conciencia informativa...
Vázquez resposta ás preguntas dos internautas nunha entrevista que servirá para poñer en funcionamento o novo deseño da web do PSdeG
Vázquez resposta ás preguntas dos internautas nunha entrevista que servirá para poñer en funcionamento o novo deseño...
alt=
Lage Tuñas propuxo hoxe que o Consello de Contas fiscalice os procedementos negociados sen...

banner

PSdeG-PSOE, Rúa do Pino, 1-9 Baixo - 15704 Santiago de Compostela (A Coruña) - Tfno: 981 55 20 30 - Fax: 981 58 87 08 / E-mail: ceng@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IExplorer 7, FireFox, Mozilla