Santiago, 21 de decembro de 2010. O portavoz de Interior do Grupo Parlamentario Socialista, Juan Carlos Francisco Rivera Socialista reclama a Xunta de Galicia o incremento dos efectivos da Unidade Adscrita da Policía Nacional que presta a súas funcións en Galicia. Esixe a comparecencia no Parlamento do Conselleiro de Presidencia para que de explicacións sobre as negociacións que está a levar a cabo a Xunta de Galicia co Ministerio de Interior, para a aplicar e desenvolver o Convenio do ano 1991 que regula a adscrición desta Unidade Policial a Galicia.
O deputado denuncia que a continua merma de efectivos na Unidade Adscrita está poñendo en cuestión a debida prestación dos servizos e funcións que esta Unidade Policial presta en Galicia. Advirte, que dende a chegada do Partido Popular a policía autonómica perdeu máis de corenta efectivos, sinala que esta perda afectou a tódalas categorías, e de xeito especial a executiva e subinspección, que son pezas fundamentais na dirección, mando e organización dos servizos da unidade policial.
Rivera afirma que se non se corrixe esta reducción insostible, certificase a morte deste corpo policial que ven prestando funcións en Galicia dende 1991. E insistiu nas súas críticas senón se non varían estas políticas “os servizos prestados, especialmente o de loita contra incendios, veranse claramente lastrados”, espetou.
Juan Carlos Francisco cualificou de “auténtica desfeita” a política levada a cabo neste ámbito pola Consellería de Presidencia, Administración Xeral, Xustiza e Interior, e lembrou que dous anos de goberno do PP o número de policías reduciuse drasticamente, situándose neste momento en 370 policías, moitos dos cales teñen que prestar funcións administrativas e de apoio, diante da ausencia de persoal nestas labores.