Esta páxina necesita JavaScript para o seu correcto funcionamento
logo psdeg-psoe psdeg-psoe.com

Xoves, 20 xuño 2013

Versión para PDA RSS Inicio Engadir a favoritos Acceso Restrinxido Mail
Novas - CENG
O PSdeG denuncia a reducción de subvencións a comités antisida e vivendas tuteladas
O PSdeG denuncia a reducción de subvencións a comités antisida e vivendas tuteladas
No Día Mundial da Sida, Sestayo e Seara demandan maior compromiso da Xunta e critican que a reducción de axudas pode abocar ao peche de moitas vivendas tuteladas para persoas que sofren VIH
Faga clic no icono para inicia-la descarga  Faga clic no icono para inicia-la descarga

Santiago de Compostela, 30 de novembro de 2010.- O PSdeG esixiu hoxe ao Goberno galego “máis compromiso” na loita contra a sida, mediante políticas encamiñadas á súa prevención, a evitar a estigmatización dos afectados, e a apoiar ás organizacións sociais que traballan coas persoas que viven co VIH.


Con motivo do Día Mundial do Sida, que se celebra o 1 de decembro, os socialistas galegos lembran que “non podemos baixar a garda” e que a prevención “é o único xeito de evitar a transmisión do VIH”.


A responsable de Movementos Sociais do PSdeG, Laura Seara, apuntou que “cada ano se producen en España máis de 3.000 novas infeccións, na súa maior parte por transmisión sexual”, polo que subliñou “a necesidade do uso do preservativo para previr o VIH, por ser o método máis eficaz para evitar a infección nas relacións sexuais”.


Lembrou que moitos dos afectados descoñecen que teñen o VIH “o que lles impide beneficiarse dos tratamentos, e incrementa o risco de transmisión do virus”. Por elo, avogou por concienciar á sociedade “de que as probas de detección precoz se convertan nun hábito de saúde cotiá”.


Seara tamén afondou na necesidade de eliminar o estigma e discriminación que “aínda con demasiada frecuencia sofren as persoas con VIH” e defendeu as políticas emprendidas polo Goberno de España para conseguilo. “Non é certo que o VIH só afecte aos colectivos máis vulnerables ou marxinais, senón que afecta a toda a sociedade”, puntualizou.


Por elo, reclamou ao Goberno de Feijóo “un compromiso claro” coas políticas de prevención e para evitar a discriminación dos  afectados, e esixiu tamén o apoio ás organizacións sociais que están a traballar para axudar a persoas que viven co VIH. 


Apoio a Organizacións Sociais

Nesta liña, a responsable de Benestar do PSdeG, Beatriz Sestayo, denunciou que o Goberno de Feijóo reduciu as subvencións aos comités antisida nun 45% e diminuíu os orzamentos destinados a vivendas tuteladas para persoas afectadas polo VIH nun 28%.


Sestayo lamentou que “unha vez máis Feijóo e o seu Goberno demostren a súa política de austeridade restándolle axudas aos que máis o necesitan” e expresou o apoio do PSdeG aos comités antisida nas súas reivindicacións.


A socialista salientou o traballo que estes comités están a desenvolver na loita contra a sida e na axuda aos afectados, e advertiu ao Goberno galego que a reducción dos orzamentos para vivendas tuteladas  “pode abocar ao seu peche, e ao conseguinte abandono das persoas afectadas polo VIH”.


Por elo, esixiu ás conselleiras de Sanidade e Benestar “que rectifiquen as súas políticas” xa que “a reducción de orzamentos non pode supoñer deixar de lado aos que máis o necesitan e recortar prestacións sociais”.

 

 

Enviar: del.ico.us Technorati yahoo digg menéame chuza
Debes estar rexistrado nestes servizos para enviar esta nova

Comentarios
 
 
Engadir novo Comentario
 
En portada
Vázquez alenta aos 315 candidatos e candidatas a construír unha Galicia socialista, municipalista e galeguista
Vázquez alenta aos 315 candidatos e candidatas a construír unha Galicia socialista, municipalista...
Losada esixe a Feijóo “que se molle coa rexeneración democrática” condenando o abuso de poder da Xunta contra UU.AA.
Losada esixe a Feijóo “que se molle coa rexeneración democrática” condenando o abuso de poder da Xunta contra UU.AA.
alt=
O PSdeG esixen ao xerente do Consorcio que deixe a súa obxección de conciencia informativa...
Vázquez resposta ás preguntas dos internautas nunha entrevista que servirá para poñer en funcionamento o novo deseño da web do PSdeG
Vázquez resposta ás preguntas dos internautas nunha entrevista que servirá para poñer en funcionamento o novo deseño...
alt=
Lage Tuñas propuxo hoxe que o Consello de Contas fiscalice os procedementos negociados sen...

banner

PSdeG-PSOE, Rúa do Pino, 1-9 Baixo - 15704 Santiago de Compostela (A Coruña) - Tfno: 981 55 20 30 - Fax: 981 58 87 08 / E-mail: ceng@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IExplorer 7, FireFox, Mozilla