Esta páxina necesita JavaScript para o seu correcto funcionamento
logo psdeg-psoe psdeg-psoe.com

Domingo, 26 maio 2013

Versión para PDA RSS Inicio Engadir a favoritos Acceso Restrinxido Mail
Novas - Parlamento
Méndez Romeu di que Feijóo capitanea os recortes
Méndez Romeu di que Feijóo capitanea os recortes "brutais" do gasto social en Galicia
Asegura que os programas de emigración minoran un 32% con respecto o ano anterior, e en deporte un 35%

Santiago de Compostela, 25 de outubro de 2010. O deputado do Grupo Parlamentario do PSdeG-PSOE José Luis Méndez Romeu dixo que os orzamentos  da Xunta evidencian a contundencia das cifras. Asegurou que hai unha caída brutal e un desplome absoluto do gasto social e todo o relacionado co investimento productivo. Méndez fixo estas declaración na Comisión 3º do Parlamento, e trala comparecencia do Secretario Xeral de Presidencia do Goberno de Feijoo, na que deu conta das partidas presupostadas nesta area.


O deputado socialista denunciou a “ausencia non xustificada” do Secretario Xeral de Emigración en dita comisión, “este cita é ineludible para presentar os orzamentos da Xunta ante os cidadáns”, aseverou.


Méndez denuncia que nas contas autonómicas desapareceron  620 millóns de euros na suma das partidas de gasto social. Advertiu que minora partidas en areas como sanidade e educación, cada unha delas en case 200 millóns de euros, e tamén reduce cuantias en cada un dos programas de gasto social. Sinala ademais que todas estas areas pertencen directamente a responsabilidade do Presidente da Xunta “é o propio Feijoo quen marca os recortes”, insistiu.


Di que as políticas adicadas as mulleres, como as políticas de compensación destinados á emigración xunto coas melloras da saúde e o benestar a través do deporte “son as mais prexudicadas”. Argumenta que o conxunto destas partidas minora un 16%.


Sobre os programas de emigración dixo que minoran un 32%, con respecto o ano anterior. E en deporte minora un 35%. Coas cifras na man Méndez subliña que nos 18 meses do Goberno de Feijoo di que en Igualdade, descontándose o capitulo I, minoráronse as contas nun 79%, de cada 5 euros 4 teñen desaparecido. Pero que teñen vostede contra a igualdade das mulleres?, protestou Méndez. E proseguiu coas súas criticas “u-lo gasto social do Goberno de Feijoo?”. Asegurou que o PP “xustifica o inxustificable”.


Tamén interpelou ao Secretario Xeral que teñen vostedes contra a igualdade?. A maiores lembrou que o Goberno de Feijoo comezou a lexislatura incumprindo a Lei de Igualdade na composición do seu Goberno. E agora continua co desmantelamento da rede de centros de Igualdade e Benestar creados na pasada lexislatura, e afondase na minoración de recursos nos centros de atención á mulleres. Dixo que estas actuación son unha burla ás mulleres de Galicia.


Relatou que no programa de conciliación do 2009, había 5,1 millón de euros, e no 2011 esta presupostado 1 millón “as cifras son contundentes”, insistiu. No Programa de promoción para achegar as mulleres a igualdade de oportunidades, no ano 2009 había presupostado 33,5 , e no ano 2011, 6,7 millóns de euros “esto é escandaloso”. E proseguiu na súa argumentación “sigan falando de eficacia e de eficiencia e burlándose das mulleres”, espetou Méndez.


En emigración no capitulo IV transferencias para as corporacións locais teñen consignado a metade que o ano anterior. Para as entidades sen animo de lucro rebaixa de 5 millóns de euros a 3 millóns. No capitulo VI actividades a prol da emigración minoración a metade. Que problemas teñen cos emigrantes”, inquiriu. Xa esgotaron toda a capacidade de manipulación política cos emigrantes”.


As transferencias para infraestructuras deportivas baixa un 94


No apartado de Deportes as contas baixan un 45%, e as axudas e as federacións baixan para o ano que ven un 10%, eliminado os investimentos cunha caída do 87%. E as transferencias a corporacións locais para infraestructuras deportivas baixa un 94%.


Xa no turno de replica aseverou que a xestión da Secretaria Xeral de Igualdade “é dunha eficiencia escandalosa”. Dixo que a visión do urbanismo do PP “é salvaxe e con desprezo absoluto das necesidades de Galicia”. E reclamou ao Goberno da Xunta que non desista dos múltiples conflictos urbanísticos existentes na Mariña de Lugo.


Aseverou que as contas de Feijoo so nun engano á opinión publica que prexudican de xeito notable aos sectores mais febles da poboación.


Nese senso Méndez Romeu anunciou que o PSdeG presentara emendas de devolución que traten de poñer en pe unha forma distinta de entender as prioridades vencelladas a recuperación económica, e tamén a compensación das desigualdades.

 

Enviar: del.ico.us Technorati yahoo digg menéame chuza
Debes estar rexistrado nestes servizos para enviar esta nova

Comentarios
 
 
Engadir novo Comentario
 
En portada
Vázquez alenta aos 315 candidatos e candidatas a construír unha Galicia socialista, municipalista e galeguista
Vázquez alenta aos 315 candidatos e candidatas a construír unha Galicia socialista, municipalista...
Losada esixe a Feijóo “que se molle coa rexeneración democrática” condenando o abuso de poder da Xunta contra UU.AA.
Losada esixe a Feijóo “que se molle coa rexeneración democrática” condenando o abuso de poder da Xunta contra UU.AA.
alt=
O PSdeG esixen ao xerente do Consorcio que deixe a súa obxección de conciencia informativa...
Vázquez resposta ás preguntas dos internautas nunha entrevista que servirá para poñer en funcionamento o novo deseño da web do PSdeG
Vázquez resposta ás preguntas dos internautas nunha entrevista que servirá para poñer en funcionamento o novo deseño...
alt=
Lage Tuñas propuxo hoxe que o Consello de Contas fiscalice os procedementos negociados sen...

banner

PSdeG-PSOE, Rúa do Pino, 1-9 Baixo - 15704 Santiago de Compostela (A Coruña) - Tfno: 981 55 20 30 - Fax: 981 58 87 08 / E-mail: ceng@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IExplorer 7, FireFox, Mozilla