Esta páxina necesita JavaScript para o seu correcto funcionamento
logo psdeg-psoe psdeg-psoe.com

Sábado, 25 maio 2013

Versión para PDA RSS Inicio Engadir a favoritos Acceso Restrinxido Mail
Novas - Parlamento
O PSdeG reclama a Feijóo a blindaxe das políticas de benestar e creación de emprego nos orzamentos de 2011
O PSdeG reclama a Feijóo a blindaxe das políticas de benestar e creación de emprego nos orzamentos de 2011
Leiceaga advirte un Goberno “prematuramente avellentado, co impulso esgotado e máis antigo que o de Fraga Iribarne”

Santiago de Compostela, 03 de setembro de 10. O portavoz do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Xoaquín Fernández Leiceaga, reclamou hoxe ao presidente da Xunta que garanta a “blindaxe” das políticas de benestar e creación de emprego como prioridade do seu goberno nos orzamentos de 2011. Así o dixo nunha rolda de prensa para presentar as prioridades do Grupo Socialista para o próximo período lexislativo que agora comeza.


Sinalou que a falla de reacción de Feijóo diante dos datos do paro e o deterioro dos servizos públicos, coa sanidade e educación á cabeza, demostran que “o Goberno de Feijóo está prematuramente avellentado, ten o impulso esgotado e resulta máis antigo que o de Fraga Iribarne”. Por este motivo, adiantou que “uns orzamentos de continuidade terán a nosa franca oposición, pero uns orzamentos dialogados e de cambio abrirían un escenario diferente”.


Leiceaga lamentou que a liña política da Xunta sexa de “mera continuidade e autocomplacencia” cando “outros orzamentos son posibles”, e reclamou a reorienciación dos criterios de eficiencia e austeridade reais para acadar ingresos. Explicou que unha actuación selectiva sobre as maiores rendas e patrimonios, discutindo as bonificacións fiscais, permitiría xerar os recursos que precisan o Estado do Benestar e as políticas activas de emprego.


Explicou que os preocupantes datos de desemprego rexistrados en Galicia demostran que “os mecanismos económicos da Xunta non funcionan ben”. Engadiu que Galicia permanece “comparativamente peor” que outras autonomías xa que o descenso de poboación activa “non impide un alarmante incremento do desemprego”, duplicando a destrución de emprego do resto do Estado e perdendo 70.000 empregos dende a chegada de Feijóo.


En relación cos servizos públicos, o responsable socialista tamén fixo alusión ao informe comparativo sobre sanidade que sitúa a Galicia no “pelotón de cola” dos niveis de calidade relativa, xunto con Valencia, Canarias e Madrid, co que “das catro últimas, tres están gobernadas polo PP e na outra integra a coalición de goberno”. Dixo que este deterioro alarmante debido á xestión de Feijóo “tamén é un problema de ideoloxías”.


Esta diagnose do sector público en Galicia remata co “deterioro alarmante” do ensino público en Galicia que debería ser “básico como ascensor social e como elemento de modernización da sociedade”. Anticipou o traballo do Grupo Socialista durante este período de sesións para garantir que a Xunta non caia en discriminacións e lesión de dereitos na aplicación do decreto do idioma no ensino.

 

 

 

Actividade intensa


Leiceaga anticipou unha “actividade lexislativa intensa” por parte do Grupo Parlamentario, que presentará 3 proposicións de Lei a debate na Cámara, mentres impulsará a reforma da Lei da CRTVG, reactivando a ponencia parlamentaria correspondente, así como a busca do acordo parlamentario necesario para levar adiante a reforma do Estatuto de Autonomía.


No plano do control político, o Grupo Socialista porá a lupa sobre a xestión dos incendios rexistrados neste verán, na que criticou a falla de transparencia da Xunta, a nula atención ás labores de prevención e a ausencia de Feijóo “sobre o terreo” que contrasta coa súa presenza cando era oposición. Finalizou anunciando que o Grupo Socialista aplicará a máxima atención ao control da contratación de obra pública.

 

Enviar: del.ico.us Technorati yahoo digg menéame chuza
Debes estar rexistrado nestes servizos para enviar esta nova

Comentarios
 
 
Engadir novo Comentario
 
En portada
Vázquez alenta aos 315 candidatos e candidatas a construír unha Galicia socialista, municipalista e galeguista
Vázquez alenta aos 315 candidatos e candidatas a construír unha Galicia socialista, municipalista...
Losada esixe a Feijóo “que se molle coa rexeneración democrática” condenando o abuso de poder da Xunta contra UU.AA.
Losada esixe a Feijóo “que se molle coa rexeneración democrática” condenando o abuso de poder da Xunta contra UU.AA.
alt=
O PSdeG esixen ao xerente do Consorcio que deixe a súa obxección de conciencia informativa...
Vázquez resposta ás preguntas dos internautas nunha entrevista que servirá para poñer en funcionamento o novo deseño da web do PSdeG
Vázquez resposta ás preguntas dos internautas nunha entrevista que servirá para poñer en funcionamento o novo deseño...
alt=
Lage Tuñas propuxo hoxe que o Consello de Contas fiscalice os procedementos negociados sen...

banner

PSdeG-PSOE, Rúa do Pino, 1-9 Baixo - 15704 Santiago de Compostela (A Coruña) - Tfno: 981 55 20 30 - Fax: 981 58 87 08 / E-mail: ceng@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IExplorer 7, FireFox, Mozilla