Esta páxina necesita JavaScript para o seu correcto funcionamento
logo psdeg-psoe psdeg-psoe.com

Xoves, 20 xuño 2013

Versión para PDA RSS Inicio Engadir a favoritos Acceso Restrinxido Mail
P. Municipal - Boletín
SPM 08
SPM 08

Faga clic no icono para inicia-la descarga  Faga clic no icono para inicia-la descarga

 

EDITORIAL

Xacobeo 2010



Ano Santo Compostelán é unha festa que se ven celebrando dende hai séculos sempre que o día de Santiago cae en domingo. Este evento relixioso, de grande importancia para a Igrexa galega, pouco a pouco foi tomando un cariz de celebración profana ao marxe da influencia relixiosa, porén non debemos perder de vista que a base fundamental da celebración é un fenómeno relixioso e cunha localización xeográfica natural e perfectamente definida: a cidade de Santiago de Compostela.



Dende o ano 1640 o alcalde de Santiago é delegado rexio do Xefe do Estado na celebración da traslación do Apostolo. Isto supón que mais de 250 alcaldes da cidade exerceron a representación do Xefe do Estado nos actos relixiosos.



Negarlle a Compostela o recoñecemento de cidade de referencia do Ano Santo é descoñecer a historia. Pero querer cambiar a historia manexando caprichosamente os eventos do xacobeo desperdigando os recursos é unha forma de cinismo político.



No ano 1993 o Ano Santo gozou dunha transformación vivificante ao entrar a formar parte dos obxectivos políticos que, tanto o Concello como a Comunidade Autónoma, consideraron como base da promoción cultural e turística modernas. O Concello, co alcalde socialista Xerardo Estévez o fronte, estableceu os Anos Santos do 93 e do 99 como metas para a grande transformación urbanística da Capital de Galicia, obxectivos acadados nos prazos establecidos, convertendo a Compostela nun centro de atracción cultural, política e turística de grande importancia en toda Europa. Hoxe Santiago de Compostela é, sen dúbidas, a imaxe exterior de Galicia.



Aproveitando o éxito do Xacobeo nas convocatorias dos anos 1993, 1999, 2004, no que tomaron parte na súa organización, financiamento e execución o Goberno do Estado, a Xunta e o Concello,  o goberno autónomo tratou de capitalizar en solitario o éxito e deslocalizar o Xacobeo 2010 transformándoo nunha cita para toda Galicia, que pouco a pouco foi perdendo alento. Pero sobre todo, a desafortunada idea da Xunta quedou de manifesto na presente edición na que a promoción é un verdadeiro desastre e a programación anda perdida polos concellos nos que goberna o PP.



Por fortuna, a potencialidade de Santiago de Compostela, e as políticas de promoción turística desenvolvidas polo Concello cos gobernos de Xosé A. Sánchez Bugallo, así como a implantación do evento relixioso en gran parte de Europa, salvarán a situación xa que o Xacobeo ten unha grande importancia como escaparate internacional para el desenvolvemento da promoción de Galicia, onde Santiago é a principal porta de entrada. O 85% do turismo que ven á nosa comunidade pasa por Compostela pero non todo conclúe na cidade que, con celebración de Xacobeo ou non, exerce de epicentro dunha forza centrípeta que beneficia a toda a comunidade autónoma.


Enviar: del.ico.us Technorati yahoo digg menéame chuza
Debes estar rexistrado nestes servizos para enviar esta nova

Comentarios
 
 
Engadir novo Comentario
 
En portada
Vázquez alenta aos 315 candidatos e candidatas a construír unha Galicia socialista, municipalista e galeguista
Vázquez alenta aos 315 candidatos e candidatas a construír unha Galicia socialista, municipalista...
Losada esixe a Feijóo “que se molle coa rexeneración democrática” condenando o abuso de poder da Xunta contra UU.AA.
Losada esixe a Feijóo “que se molle coa rexeneración democrática” condenando o abuso de poder da Xunta contra UU.AA.
alt=
O PSdeG esixen ao xerente do Consorcio que deixe a súa obxección de conciencia informativa...
Vázquez resposta ás preguntas dos internautas nunha entrevista que servirá para poñer en funcionamento o novo deseño da web do PSdeG
Vázquez resposta ás preguntas dos internautas nunha entrevista que servirá para poñer en funcionamento o novo deseño...
alt=
Lage Tuñas propuxo hoxe que o Consello de Contas fiscalice os procedementos negociados sen...

banner

PSdeG-PSOE, Rúa do Pino, 1-9 Baixo - 15704 Santiago de Compostela (A Coruña) - Tfno: 981 55 20 30 - Fax: 981 58 87 08 / E-mail: ceng@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IExplorer 7, FireFox, Mozilla