Esta páxina necesita JavaScript para o seu correcto funcionamento
logo psdeg-psoe psdeg-psoe.com

Xoves, 20 xuño 2013

Versión para PDA RSS Inicio Engadir a favoritos Acceso Restrinxido Mail
Novas - Parlamento
O PSdeG afirma que os informes críticos co Decreto do Galego están na trituradora de papel do conselleiro de Educación
O PSdeG afirma que os informes críticos co Decreto do Galego están na trituradora de papel do conselleiro de Educación
Meijón e Cerviño avanzan que a implicación do socialismo galego na manifestación do día 17 de maio será contundente e visible

Santiago de Compostela, 7 de maio de 2010. O portavoz de Ensino do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Guillermo Meijón, xunto co portavoz da Lingua Francisco Cerviño, presentaron hoxe en rolda de prensa diversas asuntos relacionados co galego.


O portavoz de Ensino do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Guillermo Meijón presentou a interpelación que se debatera no vindeiro Pleno da Cámara Autonómica, nela reclama explicacións por parte do Conselleiro de Educación, sobre a actitude do Goberno de Feijoo respecto do Proxecto do Decreto do Galego. O deputado solicita que o Conselleiro de Educación“ se retracte deste documento”.


O parlamentario socialista reclama ao Goberno de Feijoo que explicite, en sede parlamentaria, a súa valoración sobre a morea de informes e análises de diferentes institucións coma RAG, CCG, Universidades, Sindicatos e MRPs, entre outros colectivos. Sinala que dende estes organismos amosaron suficientes argumentos para rexeitar este Decreto, e insistiu na súa argumentación “ pedimos explicacións sobre as súas valoracións”.


Meijon tamén quere coñecer porque a gran aportacion de Feijoo no marco do debate da política lingüística da nosa Comunidade “sexa a gran trituradora de papel que figura no despacho do Conselleiro Jesus Vázquez”, replicou, e insiste “ alí é onde foron a parar todos os centos de folios críticos co novo documento”, aportado polo Goberno do Partido Popular. Afirma que “o único que fixo foi desfacerse de toda esta documentación rapidamente porque non lle gustaba o que se dicía neles”.

 

E por último solicita que faga publica, unha vez por todas, as razóns que levaron ao Conselleiro a rexeitar o establecemento dun verdadeiro marco de consenso sobre a lingua neste pais. Lembra que dende o Grupo Parlamentario Socialista seguimos a reclamar que o consenso volva a Cámara Galega. Denuncia que o PP a día de hoxe “segue a rexeitar a constitución dunha Comisión, en sede parlamentaria, para propiciar un novo marco de consenso co novo Decreto”, aseverou.


Por último referiuse ao remate e a comezo do curso escolar, e augurou un novo caos “xa que a Xunta de Feijoo non esta facendo ben os seus deberes”, concluíu.


Manifestación do 17 de maio da Plataforma Queremos Galego


Pola súa banda o portavoz de Lingua Francisco Cerviño referiuse a participación do PSdeG-PSOE na manifestación da Plataforma Queremos Galego do vindeiro 17 de maio. Asegurou que neste data,  nun día de festa e celebración, debe transformarse nun día de mobilización en defensa da nosa lingua, por mor das políticas de ataque de Feijoo. Neste punto anuncio que o PSdeG-PSOE  estará presente nesa manifestación, explicou que dende o Partido estase traballando en coordinación con tódalas agrupacións socialistas chamando a participar nesta manifestación, ademais tamén se promoven actos, charlas e conferencias co fin de promocionar e divulgar o noso idioma.


Cerviño dixo que o futuro do galego esta no futuro dos nenos e das nenas de Galicia, xa que considera fundamental que os nenos establezan unha relación no terreo dos sentimentos .


Afirmou que a implicación do socialismo galego na manifestación o día 17 de maio será contundente e visible.

 

 

 

Enviar: del.ico.us Technorati yahoo digg menéame chuza
Debes estar rexistrado nestes servizos para enviar esta nova

Comentarios
 
 
Engadir novo Comentario
 
En portada
Vázquez alenta aos 315 candidatos e candidatas a construír unha Galicia socialista, municipalista e galeguista
Vázquez alenta aos 315 candidatos e candidatas a construír unha Galicia socialista, municipalista...
Losada esixe a Feijóo “que se molle coa rexeneración democrática” condenando o abuso de poder da Xunta contra UU.AA.
Losada esixe a Feijóo “que se molle coa rexeneración democrática” condenando o abuso de poder da Xunta contra UU.AA.
alt=
O PSdeG esixen ao xerente do Consorcio que deixe a súa obxección de conciencia informativa...
Vázquez resposta ás preguntas dos internautas nunha entrevista que servirá para poñer en funcionamento o novo deseño da web do PSdeG
Vázquez resposta ás preguntas dos internautas nunha entrevista que servirá para poñer en funcionamento o novo deseño...
alt=
Lage Tuñas propuxo hoxe que o Consello de Contas fiscalice os procedementos negociados sen...

banner

PSdeG-PSOE, Rúa do Pino, 1-9 Baixo - 15704 Santiago de Compostela (A Coruña) - Tfno: 981 55 20 30 - Fax: 981 58 87 08 / E-mail: ceng@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IExplorer 7, FireFox, Mozilla