Esta páxina necesita JavaScript para o seu correcto funcionamento
logo psdeg-psoe psdeg-psoe.com

Mércores, 19 xuño 2013

Versión para PDA RSS Inicio Engadir a favoritos Acceso Restrinxido Mail
Novas - Parlamento
Vázquez anuncia o apoio do PSdeG a Feijóo para que peche a fusión das caixas en 48 horas tal e como dixo o presidente que faría
Vázquez anuncia o apoio do PSdeG a Feijóo para que peche a fusión das caixas en 48 horas tal e como dixo o presidente que faría
O líder dos socialistas resposta así ao solemne requerimento do presidente da Xunta no Parlamento e anuncia que, ademais, a próxima semana comezará unha serie de encontros coas cúpulas directivas das caixas

Santiago de Compostela, 29 de abril de 10. O presidente do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia e secretario xeral do PSdeG-PSOE, Pachi Vázquez, ofreceu hoxe o “apoio sincero” dos socialistas galegos para que o presidente da Xunta “peche a fusión das caixas en 48 horas”.  Así o fixo logo do requerimento feito público onte por Feijóo na sesión de control do Parlamento de Galicia, no que pedía un pacto cos socialistas para pechar en 48 horas a fusión das caixas galega.


Unha vez transcorrido ese prazo, Pachi Vázquez anunciou que non se quedará quieto. “Pase o que pase”, e con maior intensidade no caso de que Feijoo non sexa capaz de pechar a fusión das caixas nas próximas 48 horas, desenvolverá durante a próxima semana un programa de traballo centrado en encontros coas cúpulas das dúas entidades para “estimular acordos e consensos”.


Dixo que cando o presidente da Xunta amósase capaz de pechar a fusión das Caixas en 48 horas e para elo só pide o apoio do PsdeG, “será porque Feijoo sabe que o pode facer”. Por elo, Pachi Vázquez  confirmou   hoxe, “sen pedir nada a cambio”, o  “apoio incondicional” do PsdeG ao presidente da Xunta para que acade ese obxectivo ao que se comprometeu  no Parlamento.


O presidente do Grupo Parlamentario dos Socialistas, avanzou, ademais,  que os socialistas galegos apoiarán co seu voto favorable o acordo de fusión cando sexa presentado na Cámara autonómica para a súa ratificación, se chega consensuado polas entidades e avalado polo Banco de España. Lembrou que os socialistas galegos “defendemos dende o mes de agosto do pasado ano  unha fusión dende o acordo e o consenso e que garanta a solvencia e o equilibrio da futura entidade”.


O líder dos socialistas galegos dixo que hoxe a fusión é “máis posible que nunca” ao contar coa viabilidade e a garantía concedida polo Banco de España e unha vez que o goberno galego asumira que a Lei de caixas non era o obstáculo.


Responsabilizou ao presidente da Xunta de ter feito “encallar” o proceso ata agora ao obviar que só sería viable co acordo das caixas e lembrou que as fusións non depende “nin dos partidos, nin dos alcaldes nin do Parlamento”. Agora demóstrase, dixo, que o Goberno central “lonxe de ser un obstáculo”, foi quen puxo enriba da mesa os 1.162 millóns de euros do FROB que fan posible o proceso, e que o Banco de España da o seu plácet cando “según Feijóo era o principal obstáculo”.

 


Lamentou que durante este proceso o goberno galego traballara para “xerar elementos de confrontación” a través dunha Lei de Caixas intervencionista que foi recorrida polo Consello de Estado e paralizada polo Tribunal Constitucional polas dúbidas sobre a súa constitucionalidade.


O líder dos socialistas galegos dixo que neste momento o obstáculo principal son as propias caixas, por canto se trata de “dúas grandes entidades financeiras con visións lexitimamente diferenciadas e que buscan o acordo que máis satisfaga as súas demandas”.


Con relación ás posicións e opinións dos alcaldes socialistas, Pachi Vázquez considerou lexítimo que opinen en defensa dos seus territorios, si ben matizou tamén que “nin os alcaldes, nin os partidos ni os parlamentos deciden as fusións”. En todo caso, anticipou que unha vez que haxa vontade de acordo entre as caixas, das que insistiu que depende a fusión,  “estaremos todos arrimando o ombro”.


Voto emigrante


En resposta a preguntas dos xornalistas, considera unha “boa solución” o acordo acadado onte no Congreso sobre o voto emigrante por canto “sería imposible entender Galicia sen o voto de Galicia no exterior nas autonómicas”. Dixo que a resolución é “positiva fronte ao risco moi elevado de que Galicia quedara sen voto autonómico” e apuntou graficamente que “se Castelao vivira hoxe en Bos Aires a ver quén lle dicía que non podía votar”.


Considera tamén “razoable” que os emigrantes non voten nas municipais por canto poderían chegar a configurar un “elemento moi desequilibrante” en concellos pequenos con máis censados no exterior que no interior, o que suporía “alterar a representatividade”.

 

Enviar: del.ico.us Technorati yahoo digg menéame chuza
Debes estar rexistrado nestes servizos para enviar esta nova

Comentarios
 
 
Engadir novo Comentario
 
En portada
Vázquez alenta aos 315 candidatos e candidatas a construír unha Galicia socialista, municipalista e galeguista
Vázquez alenta aos 315 candidatos e candidatas a construír unha Galicia socialista, municipalista...
Losada esixe a Feijóo “que se molle coa rexeneración democrática” condenando o abuso de poder da Xunta contra UU.AA.
Losada esixe a Feijóo “que se molle coa rexeneración democrática” condenando o abuso de poder da Xunta contra UU.AA.
alt=
O PSdeG esixen ao xerente do Consorcio que deixe a súa obxección de conciencia informativa...
Vázquez resposta ás preguntas dos internautas nunha entrevista que servirá para poñer en funcionamento o novo deseño da web do PSdeG
Vázquez resposta ás preguntas dos internautas nunha entrevista que servirá para poñer en funcionamento o novo deseño...
alt=
Lage Tuñas propuxo hoxe que o Consello de Contas fiscalice os procedementos negociados sen...

banner

PSdeG-PSOE, Rúa do Pino, 1-9 Baixo - 15704 Santiago de Compostela (A Coruña) - Tfno: 981 55 20 30 - Fax: 981 58 87 08 / E-mail: ceng@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IExplorer 7, FireFox, Mozilla