Editorial
Marzo, o mes da igualdade
En marzo os concellos socialistas énchense de actos conmemorativos do Día Internacional da Muller. Actos para celebrar a igualdade acadada, para reivindicar e sinalar o camiño que queda por percorrer, para poñerlle voz ás mulleres que non son libres, … Actos para compartir coa sociedade civil, co movemento feminista, reflexións dirixidas a mellorar as políticas que axudan a convertir, pouco a pouco, a igualdade legal en igualdade real.
Este marzo atopamonos, de repente, co bochornoso espectáculo da interpretación que fixo o Goberno da Xunta da igualdade de xénero. A igualdade en clave de globoflexia. Unha vez máis comprobamos o escaso compromiso do Partido Popular coa igualdade entre homes e mulleres e, sobre todo, decatarnos do rancio e antigo que se mantén o discurso da dereita.
Fronte a iso, a sociedade galega, homes e mulleres libres, iguais, con espíritu crítico, seguen precisando a nosa acción política, esa na que a igualdade de xénero se sitúa no cerne da nosa axenda. Marzo sigue sendo pois un mes para a conmemoración e, nestes tempos, para a reivindicación e a demostración de que dende os Concellos socialistas facemos máis e mellor a igualdade.