TERRITORIO E PERFIL
Concello A Coruña. Está situada na costa noroeste da Península Ibérica, nas Rías Altas. O centro da cidade esténdese sobre unha península unida a terra firme por un estreito istmo, polo que presenta dúas fachadas marítimas distintas: a portuaria (cara á ría da Coruña, de augas tranquilas) e outra de mar aberto, cara á Enseada do Orzán, e sobre a que se estenden as principais praias urbanas (Riazor e Orzán).
O sector servizos, o financeiro, a actividade portuaria (mercantil e pesqueira) e, en menor medida, o sector industrial, son as actividades principais para a economía da cidade. É sede do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, da Delegación do Goberno nesta Comunidade e sede da Real Academia Galega.
Ten unha poboación de 246.056 habitantes, o que a convirte na segunda cidade con máis poboación de Galicia.
ENTIDADE PROMOTORA
Alcaldía, Concellería de Urbanismo
IDEA INNOVADORA EXEMPLAR
Urbanismo en Rede é un proxecto piloto realizado polo Concello da Coruña dentro do Programa Urbanismo en Rede promovido polo Ministerio de Industria e a FEMP.
O obxecto deste proxecto é incorporar as TIC no planeamento urbanístico co obxecto de fomentar un Urbanismo social, transparente e participativo. Con isto o que se prentende é achegar a administración e o urbanismo ao cidadán.
EXPERIENCIA
Debido a que o marco competencial é diverso, non existe normalización do planeamento, a redación e a produción deste é distribuída entre os profesionais, a que o proceso é e debe ser participativo, a información ten unha alta complexidade...
Fíxose necesario constituír un Foro de Expertos (Ministerio de Industria, Ministero de la Vivienda, Catastro...), que definiron unha serie de recomendacións que senten as bases para que o planeamento urbanístico sexa información dixitalizada estandarizada en todas as súa fases, pemitindo polo tanto a súa publicación inmediata na web a todos os interesados e interesadas (visor de mapas, documentación, etc.) e a súa explotación por parte dos interesados (cidadáns, equipos técnicos municipais, arquitectos, etc.).
A DESTACAR
A través deste proxecto fixéronse partícipes aos cidadáns nos procesos de xestión urbanística e de planificación da evolución da cidade establecendo para elo canales de participación.
REFERENCIA TEMPORAL
12 meses
DOCUMENTACIÓN A CONSULTAR
http://www.coruna.es/
CONTACTO
Obdulia Taboadela
José María Ares Abalo (j.ares@coruna.es)
Rubén Cid Fernández (r.cid@coruna.es)