Esta páxina necesita JavaScript para o seu correcto funcionamento
logo psdeg-psoe psdeg-psoe.com

Mércores, 19 xuño 2013

Versión para PDA RSS Inicio Engadir a favoritos Acceso Restrinxido Mail
P. Municipal - Catálogo
Carballeda de Avia
Carballeda de Avia
Cooperativa rural de servizos de proximidade: Servizo de catering a domicilio
Faga clic no icono para inicia-la descarga  Faga clic no icono para inicia-la descarga

TERRITORIO E PERFIL
Concello Carballeda de Avia. É un municipio da provincia de Ourense. Pertence á Comarca do Ribeiro. Está rodeado de relevos montañosos e resgardado da influencia oceánica, o cultivo da uva é a característica dominante da paisaxe, ocupando case a totalidade das súas ladeiras.

Ten unha poboación de 1.546 habitantes.

ENTIDADE PROMOTORA
Alcaldía

IDEA INNOVADORA EXEMPLAR
O concello de Carballeda de Avia asinou un convenio con FADEMUR  encamiñado ao fomento e promoción da muller rural. Vai levar a cabo un programa que consiste na aportación de medios para a creación dunha Cooperativa de mulleres que se van a encargar do proceso de consecución dun servizo de comidas a domicilio para xente maior ou sen recursos, para ilo as mulleres que van a formar parte desta cooperativa vanse a encargar dende a sembra dos productos, pasando por cociñalos e acabando por distribuílos.

EXPERIENCIA
FADEMUR está desenrolando a nivel estatal un programa de creación de oportunidades de emprego para mulleres rurais e de mellora da vida rural chamado “ Cooperativas Rurais de Servizos de Proximidade. Este programa está subvencionado polo Ministerio de Medio Ambiente Rural y Marino. 

A través deste proxecto vaise facilitar a incorporación, permanencia e promoción do espríriru emprendedor das mulleres impulsado e tutelado pola creacción de Cooperataivas Rurais de Servizos de Proximidade adicados ao servizo de comida caseira a domicilio, unha vez rematado o correspondente ciclo formativo das mulleres emprendedoras.

Por tanto, vanse poñer en marcha itinerarios formativos completos que lles permitan as mulleres poder desenrolar os seus propios proxectos de autoemprego. En este caso a través de Cooperativas.

Estas Cooperativas son xestionadas por mulleres e recollerán as demandas dos servizos de proximidade, informando e orientado as familias sobre cuestións xerais relacionadas con persoas dependentes.

Para ilo o concello de Carballeda de Avia asinou un convenio colaborador a medio do cal se compromete a:

— Poñer a disposición de FADEMUR as instalacións necesarias para o correcto desenrolo da actividade. Estas instalacións entregaranse en perfecto estado.
— Facilitará a información de datos das persoas que van a poder participar no proxecto.
— Colaborar coa aportación de todos os medios necesarios para a consecución do proxecto.

A DESTACAR
O Concello de Carballeda de Avia  foi elexido xunto con outros catro para levar a cabo este proxecto innovador.
Con esta experiencia estase a proporcionar a unha clase claramente desfavorecida, como son as mulleres do ámbito rural, unha nova oportunidade laboral nun concello no que o principal modo de subsistencia é o cultivo da vide.

REFERENCIA TEMPORAL
Ata o 15 de Novembro de 2011.

DOCUMENTACIÓN A CONSULTAR

http://www.carballedadeavia.com/

CONTACTO
Luis Milia Méndez. (alcaldia@carballedadeavia.com)

Enviar: del.ico.us Technorati yahoo digg menéame chuza
Debes estar rexistrado nestes servizos para enviar esta nova

Comentarios
 
 
Engadir novo Comentario
 
En portada
Vázquez alenta aos 315 candidatos e candidatas a construír unha Galicia socialista, municipalista e galeguista
Vázquez alenta aos 315 candidatos e candidatas a construír unha Galicia socialista, municipalista...
Losada esixe a Feijóo “que se molle coa rexeneración democrática” condenando o abuso de poder da Xunta contra UU.AA.
Losada esixe a Feijóo “que se molle coa rexeneración democrática” condenando o abuso de poder da Xunta contra UU.AA.
alt=
O PSdeG esixen ao xerente do Consorcio que deixe a súa obxección de conciencia informativa...
Vázquez resposta ás preguntas dos internautas nunha entrevista que servirá para poñer en funcionamento o novo deseño da web do PSdeG
Vázquez resposta ás preguntas dos internautas nunha entrevista que servirá para poñer en funcionamento o novo deseño...
alt=
Lage Tuñas propuxo hoxe que o Consello de Contas fiscalice os procedementos negociados sen...

banner

PSdeG-PSOE, Rúa do Pino, 1-9 Baixo - 15704 Santiago de Compostela (A Coruña) - Tfno: 981 55 20 30 - Fax: 981 58 87 08 / E-mail: ceng@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IExplorer 7, FireFox, Mozilla