Esta páxina necesita JavaScript para o seu correcto funcionamento
logo psdeg-psoe psdeg-psoe.com

Mércores, 19 xuño 2013

Versión para PDA RSS Inicio Engadir a favoritos Acceso Restrinxido Mail
P. Municipal - Catálogo
Cariño
Cariño
Aula do Mar
Faga clic no icono para inicia-la descarga  Faga clic no icono para inicia-la descarga

TERRITORIO E PERFIL
Concello de Cariño. Situado na provincia da Coruña en Galicia, está situado na comarca do Ortegal, entre a Serra da Capelada e a ría de Ortigueira. O 11 de abril de 1988, é a data na que Cariño se escindiu de Ortigueira, comezando a súa andaina como municipio. No entanto posúe unha dilatada historia.

Cariño viviu desde sempre envorcado ao mar, como o demostra a actividade do seu porto. A súa poboación é de 4.590 habitantes.

ENTIDADE PROMOTORA

Alcaldía

IDEA INNOVADORA EXEMPLAR
Que é Aula do Mar? A Aula do Mar é un proxecto que nace no concello de Cariño, e polo que se acadou transformar un antigo buque pesqueiro do cerco –localmente coñecido como tarrafa- nun referente local, autonómico e estatal no eido da xestión, posta en valor e interpretación de espazos naturais costeiros dende o corazón do propio ecosistema: o mar.

EXPERIENCIA

A idea de transformar un antigo buque pesqueiro nunha aula dinámica e interactiva de interpretación do medio mariño xurde do grupo de goberno local, aló polo ano 2004. Dende o concello de Cariño argallábase un xeito diferente de ensalzar e por en valor o maior patrimonio natural do concello: a súa riqueza mariña, paisaxística, xeolóxica e faunística.

Logo dun acordo cunha antiga familia de armadores navais veciños da vila, quenes de maneira exemplar colaboraron na cesión da embarcación ó patrimonio municipal, o equipo de goberno do consistorio cariñés propúxose transformar a nao nun ámbito único, un punto de referencia para o uso, a aprendizaxe e o desfrute da poboación civil. Deste xeito a cidadanía podería achegarse ó mundo mariño dende unha perspectiva senlleira, poucas veces accesible: navegando nun auténtico barco mariñeiro.

Os traballos de rehabilitación e adaptación do buque para o seu funcionamento comezaron no primeiro semestre do ano 2006, e procuraron dous obxetivos claros. Dunha banda tratouse de ser fiel á tipoloxía tradicional da embarcación, remodelando e eliminando o menor número de elementos e útiles empregados para as tarefas de pesca. Con esta medida buscábase que os potenciais usuarios chegasen a comprender –co maior grao de exactitude e fidelidade posible- como se artellaban as faenas pesqueiras no seo dunha embarcación cerqueira.

Por outro lado, e seguindo as recomendacións dos técnicos especialistas en seguridade marítima do Ministerio de Fomento, adoptáronse cantas medidas de prevención, salvagarda e navegabilidade foron requeridas co gallo de garantir un correcto desenrolo das actividades que se pretendían levar a cabo, minimizando o risco de accidentes.

As tarefas de reconversión englobaron, entre outras, a instalación completa de asentos para os tripulantes, a incorporación de numeroso material salvavidas, suministro de equipos contraincendios, melloras na accesibilidade, automatización de sistemas de alarmas ou a eliminación de barreiras físicas.

Para acometer todos estes traballos consignáronse partidas orzamentarias nos presupostos municipais, se ben os fondos aportados polas diferentes administracións supramunicipais –entre as que compre sinalar á Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia- limitaron a repercusión que os gastos derivados da posta en funcionamento do servizo poidesen ter nas arcas locais, contribuindo así a manter un correcto equilibrio orzamentario.

Logo de largos trámites burocráticos, a posta en marcha do Aula do Mar como barco de entretemento e educación medioambiental tivo lugar no outono do ano 2007.

A DESTACAR
Todas as accións desenroladas polo Aula do Mar teñen como marco exclusivo de estudio, actuación e divulgación da costa e mares do concello de Cariño.

Equilibrio ecolóxico e actividade sostible
Unha das teimas que se perseguía con maior empeño dende o consistorio era a de que as actividades repercutisen negativamente o menos posible no medio natural. A propia idiosincrasia do servizo limita enormemente a degradación do contorno, xa que está adicado ó avistamento e desfrute do litoral dende o mar, co que se eliminan problemas de molestias e impacto directo sobre a fauna, flora e xeoloxía do ecosistema.

Impacto na economía local
Ó longo das tempadas 2008 e 2009 puidose constatar o importante impacto económico que o proxecto tivo sobre o comercio e a hostalería local, cun evidente aumento no número de pernoctas e xantares. A maior afluenza de visitantes á vila, atraídos pola singular oferta náutica do Aula do Mar, repercutíu no comercio local, ademáis de convertirse nunha fenomenal ferramenta de difusión e promoción do concello de Cariño cara o exterior.

O feito de que o calendario de excursións ornitolóxicas se realice nos meses de outono afonda á súa vez nunha maior desestacionalización do turismo local.

REFERENCIA TEMPORAL
Indefinido no tempo

DOCUMENTACIÓN A CONSULTAR
http://www.concellocarino.org/

CONTACTO
José Luis Armada Castro. Alcalde (jluisarmada@yahoo.es)

Enviar: del.ico.us Technorati yahoo digg menéame chuza
Debes estar rexistrado nestes servizos para enviar esta nova

Comentarios
 
 
Engadir novo Comentario
 
En portada
Vázquez alenta aos 315 candidatos e candidatas a construír unha Galicia socialista, municipalista e galeguista
Vázquez alenta aos 315 candidatos e candidatas a construír unha Galicia socialista, municipalista...
Losada esixe a Feijóo “que se molle coa rexeneración democrática” condenando o abuso de poder da Xunta contra UU.AA.
Losada esixe a Feijóo “que se molle coa rexeneración democrática” condenando o abuso de poder da Xunta contra UU.AA.
alt=
O PSdeG esixen ao xerente do Consorcio que deixe a súa obxección de conciencia informativa...
Vázquez resposta ás preguntas dos internautas nunha entrevista que servirá para poñer en funcionamento o novo deseño da web do PSdeG
Vázquez resposta ás preguntas dos internautas nunha entrevista que servirá para poñer en funcionamento o novo deseño...
alt=
Lage Tuñas propuxo hoxe que o Consello de Contas fiscalice os procedementos negociados sen...

banner

PSdeG-PSOE, Rúa do Pino, 1-9 Baixo - 15704 Santiago de Compostela (A Coruña) - Tfno: 981 55 20 30 - Fax: 981 58 87 08 / E-mail: ceng@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IExplorer 7, FireFox, Mozilla