TERRITORIO E PERFIL
Concello Ourense. É a terceira cidade galega por poboación, tras Vigo e A Coruña, e a máis poboada do interior de Galicia, con 108.953 habitantes (Padrón municipal a 10/11/2009). Está situada no sureste de Galicia (o río Miño pasa por esta cidade).
A cidade de Ourense ten unha área metropolitana de 168.211 habitantes, que engloba núcleos como Carballino, Allariz, Barbadás ou San Ciprián de Viñas. No ano 2007 tiña 164.743 habitantes[cita requirida]. É a terceira área metropolitana en habitantes de Galicia, despois da de Vigo e a da Coruña
ENTIDADE PROMOTORA
Concellería de Economía e Facenda, Emprego e promoción Económica.
IDEA INNOVADORA EXEMPLAR
A idea é a de favorecer a liquidez das empresas que manteñen relacións de obras e servicios co Concello de Ourense.
EXPERIENCIA
Co obxectivo de favorecer a liquidez das empresas que se relacionan co Concello de Ourense, asumimos o seguinte COMPROMISO cos nosos acredores comerciais, con efectos dende o día 18 de maio de 2009:
1º. O prazo de pagamento será o seguinte: sesenta días despois da data en que o Concello recibira a factura ou unha solicitude de pagamento equivalente. Entenderase como data de recepción da factura ou da solicitude de pagamento equivalente a data de entrada na Oficina de Compras do Concello de Ourense, situada na rúa Cervantes, número 6, ou ben no Rexistro Xeral do Concello, praza maior, número 1.
3º. O mero incumprimento do prazo pactado suporá a remuneración automática do xuro de mora fixado neste compromiso, sen necesidade de petición por parte do acredor.
4º. O tipo de xuro de mora aplicable será o establecido no artigo 7 da Lei 3/2004 (na actualidade: o 9,50 por cento).
5º. Período de remuneración de xuros de mora: dende o día seguinte ao termo do prazo precitado ata o día da ordenación do pagamento.
RÉXIME TRANSITORIO
Aquelas facturas ou solicitudes de pagamento equivalentes que se recibisen non Concello con anterioridade a este compromiso (con anterioridade ao día 18 de maio de 2009), ou prazo de pagamento computarase a partir do día seguinte á devandita data.
A DESTACAR
Que se establece un prazo máximo de pagamento nas operacións comerciais que dean lugar á entrega de bens ou á prestación de servizos entre a Administración e as empresas, sempre e cando o acredor cumprira as súas obrigas contractuais e legais, e que non recibira a tempo a cantidade debida a menos que o Concello poida probar que non é responsable do atraso.
REFERENCIA TEMPORAL
Indefinida
DOCUMENTACIÓN A CONSULTAR
http://www.ourense.es/portalOurense/home.jsp
CONTACTO
Agustín Fernández Gallego (Concelleiro de Facenda)