Esta páxina necesita JavaScript para o seu correcto funcionamento
logo psdeg-psoe

 

psdeg-psoe.com

Sábado, 31 xullo 2010

Versión para PDA RSS Inicio Engadir a favoritos Acceso Restrinxido Mail
Novas - Parlamento
O PSdeG denuncia a intención da Xunta de suprimir o servizo galego de promoción da igualdade
O PSdeG denuncia a intención da Xunta de suprimir o servizo galego de promoción da igualdade
Silvia Fraga reclama identificar e abordar os obstáculos que dificultan a participación das mulleres nos ámbitos de responsabilidade, promover a igualdade de xénero na Acción Exterior e desenvolver a Lei 2/2007 do traballo en igualdade das mulleres de Galicia

Santiago de Compostela, 5 de marzo do 2010. A portavoz de Igualdade do Grupo Parlamentario Socialista Silvia Fraga presentou hoxe en rolda de prensa diversas iniciativas rexistradas na Cámara Autonómica nas que reclama ao Goberno de Feijoo, por un lado poñerlle deberes á Xunta para que esperten do letargo no tocante ás políticas de igualdade, e por outro denuncia que o Goberno Galego quere suprimir o Servicio Galego de Promoción da Igualdade do home e da muller. Acusou a Feijoo defender políticas sociais mais a dereita de Manuel Fraga. 


Silvia Fraga lembra que O SGI é un organismo autónomo da Xunta de Galicia creado no ano 1991, que ten entre os seus obxectivos a promoción da igualdade nos ámbitos familiar, laboral e político. Sinala que foi aprobada estando ó fronte do Goberno da Xunta de Galicia Manuel Fraga, e ten coma finalidade establecer que este organismo debería existir mentres persistan calquera tipo de situación discriminatoria.


A portavoz de Igualdade  preguntouse si para o Partido Popular xa non existe discriminación, e si esto é que entende Feijoo por austeridade, e si as que teñen que “pagar o pato” da austeridade son as mulleres galegas. Ademais lembrou as palabras de Feijoo nas que afirmou que a austeridade non ía a afectarlle nunca a cuestións fundamentais e menos as políticas sociais.

 


Queda moito por facer en materia de Igualdade


Reclama ao Goberno Galego, mediante unha Proposición, identificar e abordar os obstáculos que dificultan a participación das mulleres nos ámbitos de responsabilidade, promover a igualdade de xénero na Acción Exterior, promover a corresponsalidade no ámbito doméstico e desenvolver o marco normativo do que dispoñemos, a Lei 2/2007 do traballo en igualdade das mulleres de Galicia incorporando realmente a transversalidade de xénero nas políticas da Xunta de Galicia


Dende o Grupo Parlamentario Socialista tamén quixemos sumar a conmemoración deste día reiterando moitas das nosas demandas en materia de igualdade, pero sobre todo poñer de manifesto todo o que non se está facendo.


A portavoz de Igualdade do Grupo Parlamentario Socialista di que hai unha autentica “deixadez” por parte da Xunta en políticas de Igualdade. “É moito o que hai que facer en materia de igualdade e moi pouco o que están facendo”, espetou.


Silvia Fraga denuncia que nin sequera están cumprindo cos imperativos legais, cos mandatos recollidos na Lei de Igualdade no Traballo en Galicia. A deputada enumerou actuacións recollidas na normativa e paralizada por Feijoo. Aludiu ao desenvolvemento dos Plans de Igualdade nas empresas, a promoción da Igualdade na negociación colectiva, a  potenciación de medidas de conciliación nas actividades de formación ou a Marca Galega de Excelencia en Igualdade.


Na iniciativa rexistrada propón tamén o desenvolvemento dos Plans de Igualdade nas empresas e potenciar medidas de conciliación nas actividades de formación. E cualificou estas demandas coma “terribles”, tendo en conta que non adoptaron ningún tipo de medida parta facerlle fronte a crise.


Por último definiu a folla de ruta de Feijoo no tocante as políticas de Igualdade coma as do revisionismo. “Non só destrúen as políticas de igualdade, as políticas sociais do anterior goberno- afirmou- se non que aniquilan as políticas de igualdade dun goberno de Manuel Fraga, algo que nos leva a pensar que o actual PP se sitúa moi a dereita do PP de Manuel Fraga”, concluíu Fraga.

 

Enviar: del.ico.us Technorati yahoo digg menéame chuza
Debes estar rexistrado nestes servizos para enviar esta nova

Comentarios
 
 
Engadir novo Comentario
 
En portada
Leiceaga denuncia que Galicia segue a perder emprego en pleno ano Xacobeo
Leiceaga denuncia que Galicia segue a perder emprego en pleno ano Xacobeo
López Vidal reclama explicacións pola adxudicación da variante de Noia a unha empresa relacionada con Hernández
López Vidal reclama explicacións pola adxudicación da variante de Noia a unha empresa relacionada con Hernández
alt=
Barcón lamenta que o Goberno de Feijóo levante a moratoria dos 500 metros antes da...
"A proposta de Feijóo sobre o financiamento das universidades supón un paso máis no desmantelamento dos servizos...
alt=
Os socialistas prensentan o recurso contra a concesión da planta de biomasa de Ence

PSdeG-PSOE, Rúa do Pino, 1-9 Baixo - 15704 Santiago de Compostela (A Coruña) - Tfno: 981 55 20 30 - Fax: 981 58 87 08 / E-mail: ceng@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IExplorer 7, FireFox, Mozilla