Esta páxina necesita JavaScript para o seu correcto funcionamento
logo psdeg-psoe psdeg-psoe.com

Venres, 24 maio 2013

Versión para PDA RSS Inicio Engadir a favoritos Acceso Restrinxido Mail
Novas - PSOE
Reunión do LGTB do PSdeG-PSOE co alcalde de Lugo
Reunión do LGTB do PSdeG-PSOE co alcalde de Lugo
Na xuntanza abordouse o impulso a novos proxectos do colectivo de gays, lesbianas, transexuais e bisexuais

O Alcalde de Lugo Xosé López Orozco reuniuse con membros do grupo de gays, lesbianas, transexuais e bisexuais (LGTB ) dos socialistas de Galicia , unha xuntanza onde abordaron a situación do colectivo LGTB en Galicia e en especial na cidade de  Lugo.

O concello de Lugo sempre apoiou as políticas LGTB, traballando e comprometéndose cos colectivos da cidade. Despois desta reunión, darase impulso a novos proxectos, ademais de consolidar os que se están a facer neste momento.

“O señor López Orozco é coñecedor da realidades dos colectivos LGTB de Lugo,  sabendo os problemas destes e comprometéndose a unha maior implicación a través das políticas sociais do concello , políticas a favor da igualdade das persoas homosexuais e transexuais” comentou Fito Ferreiro coordinador do grupo LGTB do PSdeG-PSOE.

Esa mesma mañá, Fito Ferreiro acompañado dos membros do grupo Juan Carlos Beceiro e Cristal Ramirez mantiveron unha reunión de traballo coa concelleira de Benestar Social e Igualdade. Desta reunión saíu o acordo de por en marcha o “servizo municipal de información e mediación LGTB” do concello de Lugo, que será o encargado de atender as demandas e o problemas das persoas  homosexuais e transexuais así como ós pais, familiares e amigos. Falouse de levar a cabo un programa especial para os pais, xa que normalmente cando se decatan que un fillo é homosexual ou transexual quédanse bloqueados e sos. É difícil que busquen e atopen referencias, polo que é importante achegarse a eles.

“O servizo de información e mediación LGTB” tamén se encargará de realizar campañas de sensibilización, de coñecemento do feito LGTB, así como campañas contra a homofobia. E tamén realizara charlas en colexios, institutos, asociacións e institucións.

“Carmen Basadre quere poñer este servizo en funcionamento antes do mes de marzo, e xa puxo á nosa disposición unha oficina onde comezar a traballar. Tamén se falou de facer  unhas charlas cos traballadores e traballadoras das bibliotecas municipais e dos servizos sociais,  sobre o feito homosexual e transexual. A idea é que pouco a pouco se vaian incorporando libros de temática a ditas bibliotecas, e para elo é importante que os traballadores das bibliotecas coñezan o feito LGTB.”

Outro dos proxectos que se empezou a estudar e a realización dun festival de travestis e drag-queens para o mes de xuño, fóra do que se fai dentro de “ARDE LUCUS”. Sería dentro da programación do ORGULLO de LUGO, para o que se contará coa colaboración do colectivo ALAS LUGO para que colaboren en todos estes proxectos.

 


Tamén  se desenvolveu unha xuntanza na sede do PSOE en Lugo cos membros da executiva de partido socialista da provincia, con  Juan Carlos Gonzalez  Santín, secretario de organización, Marta Jato Diaz,  secretaria de movementos sociais así como Alfonso Orol Castro. O LGTB expuxo o funcionamento do grupo, así como o motivo polo que se creou e propuxo comezar os traballos  para poder constituír o grupo LGTB da agrupación local de LUGO.  Nestes momentos conta con cinco simpatizantes.

Tamén se lles propuxo que este ano o acto central galego do dia contra a homfobia o celebre o PSdeG-PSOE na cidade de Lugo, polo que se solicitou a colaboración do partido na cidade. Xa se está a traballar en dito acto que se celebrará o sábado 15 de maio. Quedamos finalmente de dar unha charla ós militantes do partido sobre o porque do grupo LGTB dos socialistas de Galicia e como está a realidade homosexual e transexual nestes momentos en Galicia e en Lugo.

Finalmente os representantes do LGTB  mantiveron unha reunión cos compañeiros de ALAS Lugo, colectivo da cidade e que foi un dos máis activos en Galicia, desenrolando políticas conxuntamente co Concello, así como un programa especial de axuda e acollida das persoas transexuais que están no cárcere. Nesta xuntanza acordouse  trazar un plan de traballo, así como que os proxectos que se fagan no concello serán conxuntos, o que permitirá  revitalizar o movemento LGTB na cidade de Lugo que ten unha fonda tradición na loita polos dereitos reais de lesbianas, gays, transexuais e bisexuais.

 

Enviar: del.ico.us Technorati yahoo digg menéame chuza
Debes estar rexistrado nestes servizos para enviar esta nova

Comentarios
 
 
Engadir novo Comentario
 
En portada
Vázquez alenta aos 315 candidatos e candidatas a construír unha Galicia socialista, municipalista e galeguista
Vázquez alenta aos 315 candidatos e candidatas a construír unha Galicia socialista, municipalista...
Losada esixe a Feijóo “que se molle coa rexeneración democrática” condenando o abuso de poder da Xunta contra UU.AA.
Losada esixe a Feijóo “que se molle coa rexeneración democrática” condenando o abuso de poder da Xunta contra UU.AA.
alt=
O PSdeG esixen ao xerente do Consorcio que deixe a súa obxección de conciencia informativa...
Vázquez resposta ás preguntas dos internautas nunha entrevista que servirá para poñer en funcionamento o novo deseño da web do PSdeG
Vázquez resposta ás preguntas dos internautas nunha entrevista que servirá para poñer en funcionamento o novo deseño...
alt=
Lage Tuñas propuxo hoxe que o Consello de Contas fiscalice os procedementos negociados sen...

banner

PSdeG-PSOE, Rúa do Pino, 1-9 Baixo - 15704 Santiago de Compostela (A Coruña) - Tfno: 981 55 20 30 - Fax: 981 58 87 08 / E-mail: ceng@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IExplorer 7, FireFox, Mozilla