O Partido dos Socialistas de Galicia (PSdeG-PSOE), en base ó comprometido no Congreso Extraordinario do 24 e 25 de abril de 2009, por acordo da Comisión Executiva Nacional Galega,a proposta da Secretaría de Formación, crea a súa ESCOLA DE FORMACIÓN
OBXECTIVOS:
1. Formar ós afiliados como axentes dinámicos de movilización e representación cidadán contribuindo a perfeccionar as bases e procedementos organizativos do Partido dos Socialistas de Galicia (PSdeG-PSOE).
2. Prestar apoio formativo específico ós cargos públicos e candidatos que concurran nas listas electorais do Partido dos Socialistas de Galicia (PSdeG-PSOE).
3. Mellorar a formación dos cargos orgánicos do Partido para que conten coas mellores ferramentas para contar con agrupacións municipais dinámicas ó servizo dos cidadáns.
4. Apoiar os responsables e axentes electorais para perfeccionar a estructura electoral do PSdeG-PSOE.
5. Promover, entre os afiliados e votantes do Partido dos Socialistas de Galicia (PSdeG-PSOE) e a cidadanía en xeral, actividades, debates e reflexións de interese e actualidade política, vencellados ó espallamento dos valores do socialismo democrático e máis ó afortalamento das bases electorais do Partido.
6. Establecer canles de traballo coordinado e compartido con outras Escolas de Formación de Afiliados de outras organizacións socialistas,dun xeito especial coa Fundación Jaime Vera, como Escola de Formación de Afiliados do Partido Socialista Obrero Español (PSOE). A Escola de Formación do Partido dos Socialistas de Galicia (PSdeG-PSOE), considérase integrada na Rede Federal de Formación do Partido Socialista Obrero Español (PSOE).
7. Colaborar con outras Institucións que, sin teren ánimo de lucro, desenvolven actividades nos eidos do ensino e máis da formación de personas adultas, e mesmo da difusión dos valores cívicos e democráticos.
ESCOLA DE FORMACION FRANCISCO FERNANDEZ
Proponse que a Escola de Formación do PSdeG leve o nome de Francisco Fernández. Francisco Fernández foi un dos fundadores e o primeiro presidente da primeira Agrupación Socialista fundada en Galicia, que o foi na cidade de Ferrol, en 1881.
Mestre de Escola, lidera un grupo de corenta militantes, afectos ós principios ideolóxicos que promovía en España daquela o tamén ferrolano Pablo Iglesias.
Mais estes poucos militantes galegos, non só foron pioneiros na fundación da primeira Agrupación Socialista existente en Galicia, senón tamén en imprimir El Obrero, que foi o primeiro semanario do socialismo galego e, como primeiro gran éxito do seu esforzo militante, tamén de lograren un dos tres primeiros concellais socialistas que logrou en España o Partido Socialista Obrero Español: un en Bilbao, outro en Mataró e outro, Francisco Fernández, en Ferrol.
Francisco tamén foi, pois, o primeiro concellal socialista galego. E co seu nome, en lembranza de tódolos compañeiros daquela nosa primeira Agrupación, queremos identificar a Escola de Formación de Afiliados do Partido dos Socialistas de Galicia. (PSdeG-PSOE).
FUNDACION
Como é habitual para este tipo de iniciativas, tamén esta se institucionalizará como fundación, a Fundación Francisco Fernández, de carácter CULTURAL e PRIVADA, que desenvolverá as súas actividades no eido do ensino e formación de adultos, como escola de afiliados do Partido dos Socialistas de Galicia (PSdeG-PSOE).
ACTIVIDADES
A Escola, con carácter presencial e máis on-line, desenvolverá actividades formativas de diverso carácter, principalmente:
⎯ Actividades formativas básicas: orientadas a mellorar as habilidades dos afiliados en materias de promoción e dirección asociativa, comunicación orgánica e institucional e xestión pública,a través dos Cursos da Programación Anual.
⎯ Actividades de interese e actualidade política: dirixidas a facilitar información e formación ós afiliados sobre cuestións que remarque o debate social e político circunstancial. Estas actividades terán preferentemente a forma de xornadas ou ciclos de conferencias monográficos.
⎯ Escola de Verán do PSdeG: a Escola acollerá cada ano a celebración da Escola de Verán do PSdeG-PSOE, como instrtumento de dinamización política e cultural da Organización.
⎯ Actividades de Formación que demanden as distintas Areas da Comisión Executiva Nacional Galega.
MODELO DE FORMACION
Os afiliados xa poden contar co modelo de formación on-line que ofrece a Fundación Jaime Vera. Sin que iso impida que a Fundación Francisco Fernández desenvolva materiais propios para seren introducidos nela ou xestionados de maneira autónoma, o noso modelo preferente de formación terá, alomenos polo momento, carácter presencial.
A modalidade de formación presencial ten a ventaxa de que, gracias ó contacto directo entre o profesor e os alumnos e mesmo deles entre sí, podan xurdir na práctica pedagóxica múltiples matices, máis adaptados á circunstancia peculiar de cada quén.
A modalidade presencial tamén facilita que xurda un debate menos condicionado e encorsetado, tanto sobre os materiais e prácticas pedagóxicas como acerca da súa aplicación práctica entre os afiliados e as súas agrupacións. Esta é unha cuestión de interés crucial na formación política.
Ademáis do dito, e dado este tipo de docencia que vimos de expoñer, o número de participantes en cada actividade terá que ser forzosamente reducido: non máis de vinte persoas por curso. Inicialmente partimos da dispoñibilidade de instalacións e profesorado para a celebración dun só curso por día. No caso de estas dispoñibilidades de ampliasen, tamén se ampliaría o número de cursos. Si hai exceso de demanda daráselle preferencia ós solicitantes que teñan encomendadas responsabilidades organizativas e de representación política.
AREAS FORMATIVAS
As primeiras áreas formativas que desenvolverá a Escola, en colaboración coa Fundación Jaime Vera, de cuxa experiencia docente disporemos para a súa primeira implementación, serán as seguintes:
1. Organización e dinamizacion electoral.
⎯ Formación de formadores/as.
⎯ Acción Electoral: o desenvolvemento orgánico.
⎯ Acción Electoral: o contexto social.
2. Habilidades sociais e directivas.
⎯ Area de Comunicación.
• Falando en público.
• Falando nos medios.
• Imaxen e voz nas tarefas de comunicación.
• Comunicación política.
• Gabinetes de comunicación.
⎯ Area Institucional.
• Protocolo.
• Gabinetes.
⎯ Area de Dirección.
• Planificación estratéxica e dirección participativa.
• Técnicas de negociación.
• Coaching: liderazgo e o traballo en equipo.
• Dirección eficaz: habilidades do líder político
3. Xestión pública.
⎯ Básico municipal.
⎯ Monográficos municipais:
• A Dirección Económica do Concello: o Orzamento.
• Recursos Europeos para a acción municipal.
• Urbanismo e vivenda.
• Promoción económica: comercio e industria.
• Promoción cultural.
• Desenvolvemento sostible e xestión ambiental.
• Migracións e cambios poboacionais.
• A exclusión social.
4. A Agrupación Local.
⎯ O planeamento do traballo por obxectivos.
⎯ A formación de grupos de traballo por temas.
⎯ Actividades orgánicas de interés social:
• Calidade de vida no entorno.
• Promoción do asociacionismo veciñal.
• Grupos sociais (xóvenes, mulleres, infancia, …)
• Presencia pública.
• A sede: centro de referencia social.
CALENDARIO DE ACTIVIDADES
Inicialmente, os cursos terán unha duración de sete horas, catro en quenda de mañán e outras tres na de tarde, e impartiranse os sábados, segundo un calendario anual que se lle comunicará ás agrupacións e ós afiliados con antelación.
As instalacións e o número de formadores dispoñibles, poden permitir que se celebren máis de un curso simultáneamente, facilitando a ampliación do abano de actividades.
O período anual de actividades da Escola irá de xaneiro a xuño.
En setembro-octubro celebraráse a Escola de Verán.
Entre octubro-novembro a Escola realizará labores de programación e de formación de formadores para o período formativo inmediato, e procederá a abrir o plazo de inscripción dos afiliados que queiran participar nos cursos programados.