Esta páxina necesita JavaScript para o seu correcto funcionamento
logo psdeg-psoe psdeg-psoe.com

Xoves, 23 maio 2013

Versión para PDA RSS Inicio Engadir a favoritos Acceso Restrinxido Mail
Novas - CENG
O PSdeG aposta polo acceso universal á prevención, tratamento e atención para as persoas seropositivas
O PSdeG aposta polo acceso universal á prevención, tratamento e atención para as persoas seropositivas
Laura Seara avoga por unha visión mais integradora nas políticas relacionadas co VIH

Santiago de Compostela, 1 de decembro de 2009.- A Secretaria de Igualdade, Emigración e Movementos Sociais do PSdeG, Laura Seara,  avogou hoxe, no Día Mundial da Sida, por unha visión “mais integradora” nas políticas en materia de prevención, apoio e tratamento da SIDA.


Así se recolle no manifesto do PSOE, que incide na necesidade “crucial” de protexer os dereitos humanos e de acadar “o dereito e acceso universal” á prevención, tratamento, atención e apoio en relación co VIH.
 

 “Para as mulleres e homes socialistas, acadar estos obxectivos é un imperativo”, sinalou Seara, xa que o PSdeG-PSOE considera “fundamental” que a resposta mundial a esta pandemia  “se fundamente nos dereitos humanos e que a discriminación e as leis que castigan ás poboacions máis afectadas polo  VIH sexan eliminadas”.
 

Seara lembrou que 84 países dispoñen de leis e políticas que son un obstáculo para a prevención, tratamento, atención e apoio eficaces do VIH para as poboacións vulnerables e que 59 países teñen aínda leis que limitan a entrada, estancia e residencia das persoas que viven con VIH baseándose únicamente no seu estado seropositivo, o que as discrimina na súa libertade de movemento e dereito ao traballo.
 

Visión global

Por elo, Seara instou á Xunta de Galicia a integrar nas súas actuacións unha “visión global” e a comprometerse a velar para que na nosa comunidade se tomen as medidas adecuadas “para a eliminación do estigma e a discriminación que sufren moitos enfermos do VIH”.
 

A secretaria de Igualdade e Movementos Sociais do PSdeG manifestou  o compromiso socialista de “reforzar e potenciar o traballo de organismos e institucións responsables das políticas relacionadas co VIH”,  ao tempo que afirmou que “dar unha desposta eficaz á infección por VIH e aos problemas asociados á mesma é unha prioridade na axenda dos socialistas”. 
 
 

 

 

 

 

 


 

Enviar: del.ico.us Technorati yahoo digg menéame chuza
Debes estar rexistrado nestes servizos para enviar esta nova

Comentarios
 
 
Engadir novo Comentario
 
En portada
Vázquez alenta aos 315 candidatos e candidatas a construír unha Galicia socialista, municipalista e galeguista
Vázquez alenta aos 315 candidatos e candidatas a construír unha Galicia socialista, municipalista...
Losada esixe a Feijóo “que se molle coa rexeneración democrática” condenando o abuso de poder da Xunta contra UU.AA.
Losada esixe a Feijóo “que se molle coa rexeneración democrática” condenando o abuso de poder da Xunta contra UU.AA.
alt=
O PSdeG esixen ao xerente do Consorcio que deixe a súa obxección de conciencia informativa...
Vázquez resposta ás preguntas dos internautas nunha entrevista que servirá para poñer en funcionamento o novo deseño da web do PSdeG
Vázquez resposta ás preguntas dos internautas nunha entrevista que servirá para poñer en funcionamento o novo deseño...
alt=
Lage Tuñas propuxo hoxe que o Consello de Contas fiscalice os procedementos negociados sen...

banner

PSdeG-PSOE, Rúa do Pino, 1-9 Baixo - 15704 Santiago de Compostela (A Coruña) - Tfno: 981 55 20 30 - Fax: 981 58 87 08 / E-mail: ceng@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IExplorer 7, FireFox, Mozilla