Esta páxina necesita JavaScript para o seu correcto funcionamento
logo psdeg-psoe psdeg-psoe.com

Venres, 24 maio 2013

Versión para PDA RSS Inicio Engadir a favoritos Acceso Restrinxido Mail
Novas - CENG
Ricardo Varela encabeza unha executiva provincial
Ricardo Varela encabeza unha executiva provincial "preparada para afrontar os novos retos de futuro"
O novo secretario provincial do PSdeG en Lugo destaca a representatividade de todos os territorios da provincia na nova excutiva

LUGO, 17 DE OUTUBRO. Ricardo Varela, nomeado hoxe novo secretario provincial do PSDEG-PSOE de Lugo, asegurou que esta executiva conformouse en base á nova visión de futuro dos socialistas galegos. “Os homes e mulleres que constituímos esta executiva lucense representamos todos os territorios da provincia, así como representamos tamén ás grandes e ás pequenas agrupacións”. O socialista subliñou, así mesmo, que a paridade foi unha das prioridades a manter dende o comezo da estruturación da súa lista.


O lucense engadiu que moitos dos elixidos forman parte de corporacións municipais da provincia, algúns deles alcaldes. Varela falou de que traballará a reo coas institucións gobernadas polos socialistas ao longo do territorio lucense, como é a Deputación, “para funcionar como un bimotor, que traballa na mesma dirección, a de impulso á provincia de Lugo”. Varela destacou, por outro lado, que máis do 50% dos membros deste novo equipo son menores de 35 anos.  


Por último o novo secretario provincial dos socialistas lucenses subliñou que esta executiva “é unha mostra de que as novas xeracións do partido participan activamente no labor progresista do seu partido, mesmo incorporándose aos cargos de mando, como amosa a candidatura gañadora”.


Por outra banda, Ricardo Varela asegurou que “o máximo responsable do atraco municipal é Feijóo. Esa é a man que mece a cuna”, asegurou Ricardo Varela,  con respecto aos casos de transfuguismo de Láncara e do Courel.
 

Antes de ser elixido como novo secretario provincial do PSDEG-PSOE de Lugo, Ricardo Varela aludiu a importancia da voz dos militantes, na defensa da súa candidatura.


Varela comprometeuse, ante os 102 delegados e os 200 convidados que asistiron ao Congreso socialista de Lugo, a traballar para fortalecer e mellorar o partido. “Este é o momento de utilizar a política para posibilitar un tránsito máis doado aos máis débiles a través da situación económica que estamos a vivir. Este é o momento de parar a esa dereita, unha dereita podre, que pretende limitar, recortar e cencenar o progreso en Galicia”, dixo. O lucense lembrou o traballo realizado ata o de agora na provincia polo anterior secretario provincial, Luis Ángel Lago Lage, e así mesmo agradeceu o apoio recibido dende o seo do Partido Socialista de Galicia tanto a nivel político, coma persoal.
 


COMISIÓN EXECUTIVA


RICARDO VARELA SÁNCHEZ, secretario xeral

SONIA VERDES GIL, vicesecretaria xeral

LUIS RODRÍGUEZ EDROSA, secretario de organización

MA. BELÉN FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, secretaria de políticas sociais

JUAN JOSÉ DÍAZ VALIÑO, secretario de política municipal

JOSÉ CARLOS FERREIRO OTERO, secretario de educación

MA. PILAR GARCÍA PORTO, secretaria de economía sostible e emprego

PABLO NÚÑEZ GONZÁLEZ, secretario de cultura e deportes

JESÚS CEIDE LÓPEZ, secretario de acción electoral

DARYA FERNÁNDEZ GÓMEZ, secretaria de cooperación e movementos sociais

MIGUEL VILAR RIVAS, secretario de formación

PAULA VÁZQUEZ NÚÑEZ, secretaria de xuventude

JUAN CARLOS ARAÚJO RODRÍGUEZ, secretario de administración

MANUEL DACOSTA RIBERA, secretario de sectores produtivos


BEATRIZ VÁZQUEZ MONROY, secretaria de igualdade

HORACIO ROUCO FERRO, secretario de relacións institucionais

JOSÉ LUIS DÍAZ LÓPEZ, secretario de sanidade

LAURA CELEIRO GARCÍA, secretaria de estudos e programas

EMILIO RODRÍGUEZ GONZÁLEZ, secretario de medio ambiente

JOSÉ LUIS GARCÍA RUBAL, secretario de autónomos e emprendedores


SECRETARÍAS EXECUTIVAS-


INÉS GÓMEZ ESCOBAR

ALFREDO LLANO GARCÍA

SANDRA FREIRE DEL VALLE

MA. PILAR SAAVEDRA MORANDEIRA

DARÍO CAMPOS CONDE

ROSA MARÍA MOSCOSO CONDE

ADORACIÓN FERNÁNDEZ GONZÁLEZ

ROSANA RIELO ROZAS

MARINA MOSQUERA RODRÍGUEZ

JOSÉ LÓPEZ FERNÁNDEZ

 

Enviar: del.ico.us Technorati yahoo digg menéame chuza
Debes estar rexistrado nestes servizos para enviar esta nova

Comentarios
 
 
Engadir novo Comentario
 
En portada
Vázquez alenta aos 315 candidatos e candidatas a construír unha Galicia socialista, municipalista e galeguista
Vázquez alenta aos 315 candidatos e candidatas a construír unha Galicia socialista, municipalista...
Losada esixe a Feijóo “que se molle coa rexeneración democrática” condenando o abuso de poder da Xunta contra UU.AA.
Losada esixe a Feijóo “que se molle coa rexeneración democrática” condenando o abuso de poder da Xunta contra UU.AA.
alt=
O PSdeG esixen ao xerente do Consorcio que deixe a súa obxección de conciencia informativa...
Vázquez resposta ás preguntas dos internautas nunha entrevista que servirá para poñer en funcionamento o novo deseño da web do PSdeG
Vázquez resposta ás preguntas dos internautas nunha entrevista que servirá para poñer en funcionamento o novo deseño...
alt=
Lage Tuñas propuxo hoxe que o Consello de Contas fiscalice os procedementos negociados sen...

banner

PSdeG-PSOE, Rúa do Pino, 1-9 Baixo - 15704 Santiago de Compostela (A Coruña) - Tfno: 981 55 20 30 - Fax: 981 58 87 08 / E-mail: ceng@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IExplorer 7, FireFox, Mozilla