Esta páxina necesita JavaScript para o seu correcto funcionamento
logo psdeg-psoe psdeg-psoe.com

Sábado, 25 maio 2013

Versión para PDA RSS Inicio Engadir a favoritos Acceso Restrinxido Mail
Novas - Parlamento
Rueda paraliza a Lei de Emerxencias e pon  a Galicia en situación de risco
Rueda paraliza a Lei de Emerxencias e pon a Galicia en situación de risco
Sestayo advirte que a nova Xunta "aposta por volver á privatización dos sistemas de emerxencias" e demanda respecto aos acordos acadados cos bombeiros de Galicia


Santiago, 17 de xuño de 09. A portavoz de Xustiza, Interior e Administración Local do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Beatriz Sestayo, acusou hoxe ao conselleiro de Presidencia de paralizar o desenvolvemento da Lei de Emerxencias de Galicia “poñendo a nosa Comunidade nunha situación de menor seguridade e maior risco”. Sinalou que o conselleiro “minte” sobre a Axencia Galega de Emerxencias para xustificar a privatización dos servizos de xestión de emerxencias de Galicia.


A parlamentaria socialista sinala que a Xunta quere “desmantelar” os sistemas públicos de emerxencias “para volver ao sistema caciquil, improvisado e manipulador” de anteriores etapas do PP. Reclamou neste sentido o mantemento do compromiso de creación dos consorcios provinciais de emerxencias en maio de 2010, así como que se respecten os acordos cos bombeiros de Galicia para establecer un sistema de xestión pública destes servizos.


A portavoz socialista instou ao conselleiro a que explique o seu modelo de xestión de emerxencias e advertiu que a “marcha atrás” que pretenden suporá a reedición do colapso dos sistemas de atención de emerxencias. Demandou do conselleiro “que diga abertamente que quere privatizar este servizo e que explique si vai respectar o acordo co anterior goberno da Xunta e os servizos de emerxencias”.


Sestayo demandou tamén unha “rectificación pública” das declaracións de Rueda contra a Axencia Galega de Emerxencias feitas, dixo, por “ignorancia ou mala fe” e, en calquera caso, “valéndose de mentiras para facer política”. Sestayo reclamou ao novo responsable de Presidencia que conclúa a construción da plataforma tecnolóxica programada polo anterior goberno e que permitirá xestionar as emerxencias de forma coordinada.


Reclamou a Rueda que “non minta con declaracions que suxiren a compra de servizos informáticos”. Neste sentido dembrou que o anterior Goberno contratou unha aplicación e o desenvolvemento dunha aplicación informática que levará alomenos dous anos, ademais, explicou actualmente hai un edificio programado e orzamentado con cargo á Sociedade Pública de Investimentos destinado a permitir unha xestión integral e eficaz dos sistemas de emerxencia.
 

Enviar: del.ico.us Technorati yahoo digg menéame chuza
Debes estar rexistrado nestes servizos para enviar esta nova

Comentarios
 
 
Engadir novo Comentario
 
En portada
Vázquez alenta aos 315 candidatos e candidatas a construír unha Galicia socialista, municipalista e galeguista
Vázquez alenta aos 315 candidatos e candidatas a construír unha Galicia socialista, municipalista...
Losada esixe a Feijóo “que se molle coa rexeneración democrática” condenando o abuso de poder da Xunta contra UU.AA.
Losada esixe a Feijóo “que se molle coa rexeneración democrática” condenando o abuso de poder da Xunta contra UU.AA.
alt=
O PSdeG esixen ao xerente do Consorcio que deixe a súa obxección de conciencia informativa...
Vázquez resposta ás preguntas dos internautas nunha entrevista que servirá para poñer en funcionamento o novo deseño da web do PSdeG
Vázquez resposta ás preguntas dos internautas nunha entrevista que servirá para poñer en funcionamento o novo deseño...
alt=
Lage Tuñas propuxo hoxe que o Consello de Contas fiscalice os procedementos negociados sen...

banner

PSdeG-PSOE, Rúa do Pino, 1-9 Baixo - 15704 Santiago de Compostela (A Coruña) - Tfno: 981 55 20 30 - Fax: 981 58 87 08 / E-mail: ceng@psdeg-psoe.org
Configuración óptima 1024*768 / IExplorer 7, FireFox, Mozilla