Candas, 9 de marzo de 2009.- O grupo municipal socialista de Cangas presentará no próximo pleno unha moción conmemorar o 30 aniversario das primeiras eleccións municipais trala caída da dictadura.
"O 3 de abril de 1979, tras refrenedar maioritariamente a cidadanía a Constitución de 1979, celebráronse as primeiras eleccións municipais, que abriron o camiño da normalización democrática en España, e a vertebración política da sociedade e do Estado", lembra o PSdeG na moción.
Pretenden distinguir o 3 de abril como día de portas abertas dos concellos e consensuar con todos os grupos municipais un manifesto municipalista conmemorativo de eses 30 anos, cunha mención especial a todos os concelleiro/as e alcaldes/esas que pasaron pola corporación local.
Ademais proponse a organización de diversos actos en colaboración cos colectivos sociais, e que o "3 de abril" sexa recordado poñendo ese nome a unha rúa ou unha praza