Santiago, 8 de marzo de 2009.- A responsable de Organización da Xestora do PSdeG, Mar Barcón, asegurou hoxe que o Goberno da Xunta fará un traspaso de poderes en "tempo e forma como fan os socialistas". Por iso, insta ao líder do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, a que estea tranquilo porque os socialistas non repetirán o "bochornoso espectáculo ao que nos someteu o Goberno en Galicia non ano 2005, con adxudicacións millonarias".
Nesta liña, recordou que estando en funcións o último executivo presidido por Manuel Fraga e vicepresidido por Núñez Feijóo, producíronse adxudicacións de "máis de 100 millóns de euros en obras na Cidade da Cultura, contratou a bolsa de aluguer asinada por un familiar do entón conselleiro Núñez Feijóo e aprobou o Plan Acuícola", relatou Barcón.
Respecto diso, a responsable de Organización dos socialistas pregunta "se este é o exemplo que ten que dar o PP sobre este asunto". Ademais, recorda que a democracia "ten as súas regras e o seu tempo", e que "aínda non é deputado porque o reconto electoral aínda non rematou".