Tes Blog ou desexas telo?
Se é así , ti poderás formar parte da Blogosfera Socialista.
A Blogosfera Socialista é a participación do pensamento progresista na rede dentro do ámbito da blogosfera como medio para compartir e xerar coñecemento.
Que é un Blog?
- O weblog ou blog segundo a súa denominación inglesa, ou bitácora en España, é unha potente ferramenta de comunicación persoal que nos permite trasladar as nosas ideas e manter un diálogo cos demais. Pertencer á blogosfera fainos estar visibles desde calquera ordenador do mundo.
Vantaxes:
- É unha nova forma de participación política: persoal e directa. Sen estruturas orgánicas polo medio.
- Podes trasladar os teus posicionamentos políticos progresistas á rede para que sexan escoitados polos demais. Crear Opinión.
- Fácil de crear e manter.
- Cómodo. Podes actualizalo desde calquera ordenador. A túa casa, o partido, etc?
Queres ter un blog?
Se non tes un blog, e queres crear un facilitámoche o material formativo necesario: